Syrphidae - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Syrphidae

BIODIVERSIDADE > FAUNA > ENTOMOLOXÍA
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DOS SÍRFIDOS

DÍPTEROS: É unha orde de insectos que deben o seu nome a que soamente teñen un par de ás, ao contrario, por exemplo, das abellas ou avespas, que teñen catro. Das outras dúas ás só quedan vestixios, en forma dunha especie de muñóns denomidados halterios. Dentro da orde dos Dípteros, atopamos a familia dos SÍRFIDOS, dos que damos algunhas características a continuación.
PARA COLABORAR NO PROXECTO
"SÍRFIDOS DO BAIXO MIÑO"

OLLOS HOLÓPTICO E
OLLOS DICÓPTICOS
   Os dípteros se caracterizan porque a disposición dos ollos nos machos e femias é diferente: nos machos xúntanse na parte superior da cabeza, ollos holópticos, mentres que nas femias aparecen separados, ollos dicópticos.

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
MIMETISMO BATESIANO

    Hai un tipo de moscas, Syrphydae, que, pola súa cor, recórdannos ás avespas. Este parecido lles serve para evitar posibles depredadores e garantir a súa supervivencia, pois de todos é sabido que as avespas teñen unha certa perigosidade no caso de que piquen, perigosidade que non soe pasar, agás moi raras excepcións, dunha punzante dor producida polo veleno ao clavar o aguillón. Vemos, pois, que simples moscas inofensivas adquiren unha cor semellante a outros seres que poden resultar perigosos, é o que se chama mimetismo batesiano, nome éste dedicado ao naturalista Henry Walter Bates, pois posúen cores aposemáticos e, polo tanto, moi rechamantes, ao igual que as avespas.

A VEA ESPURIA

    Unha das varias características dos sírfidos é a vea espuria, típica desta familia de dípteros e que non aparece noutros insectos. Nas imaxes da esquerda sinaladas coa frecha.

Foto superior:
Syrphus ribeseii, fotografada o 01/06/2012, na desembocadura do Miño.
Autor: Agustín Ferreira Lorenzo.

Foto inferior:
Eristalis, fotografada o 15/09/2012, Camposancos.
Autor: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

LISTADO DE SÍRFIDOS

Para ir a información de cada un, premer no nome.

Chrysotoxum intermedium

Sobre cenoria silvestre (Daucus carota). Castelo de Santa Cruz (A Guarda) Camposancos. 01/07/2024
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
(Foto Pablo Covelo)
Lugar: Baixada á praia de Camposancos.
Sobre "ireira" (Hedera helix)
22-11-2013
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Son un grupo de dípteros que se asemellan ás avespas
(Foto Agustín Ferreira L.)
Chrysotoxum festivum

Sobre follade silveira (Rubus fruticosus). Monte Terroso (A Guarda) 21/05/2018
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Primeira cita para o Baixo Miño:
2-11-2014, Camposancos. A Guarda.
(Foto Agustín Ferreira L.)
Sphaerophoria scripta
Fonte do Home, O Rosal
Setembro, 2014
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)

Sphaerophoria sp.
A Guarda, Baixada Seixal.
Sobre viborera. outubro 2014
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Lugar: Antigo vertedoiro. Monte Terroso. Subida por Loucenzas. A Guarda. (06/06/2023)
Sírfido frecuente. Como outros sírfidos, moitas persoas adoitan confundilo coas avespas debido a súa cor.
(Foto Agustín Ferreira Lorenzo)
03-11-2013, baixada á praia do Muíño, sobre ireira.
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Myathropa florea
Sobre ireira (Hedera helix) Camposancos
Outubro, 2014
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Eristalinus taeniops
Sobre ireira (Hedera helix) Camposancos. 26.10. 2014
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Eupeodes
Correola maior (Calystegia sepium). Camposancos. 06.07.2014
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Milesia cabroniformis.
Tomiño
(Foto  Carlos Villanueva)
Eristalis tenax
Sobre ireira (Hedera helix) Camposancos. 03.11.2013
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Scaeva pyrastris.
Senda litoral. A Guarda.l24.03.2029
(Foto  Agustín Ferreira Lorenzo)
Regreso al contenido