GOLF NA ILLA BOEGA - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

GOLF NA ILLA BOEGA

AMEAZAS AMBIENTAIS > CAMPOS DE GOLF
    
    No ano 1993, os membros de ANABAM quedaron sorprendidos cando viron maquinaria pesada na illa Boega, 14 quilómetros río arriba da desembocadura do Miño. Esta asociación comezou entón unha intensa e rápida actuación, para impedir que se levara a cabo este proxecto nas augas do Miño. Buscou tamén a colaboración de entidades conservacionistas do outro lado do Miño. A pesares dos intentos dos "poderosos", economicamente e socialmente falando, a intensa actividade desenvolvida por ANABAM, conseguiu que o proxectado campo de golf na illa Boega, non fose adiante.
Arriba, catro das fotografías (diapositivas) tiradas
por membros de ANABAM cando foi descuberta a
barbaridade que se pretendía cometer na illa.
CARRIZAL 60, maio 1997

O Grupo parlamentario de Esquerda Unida/Iniciativa per Catalunya, presentou no Palacio do Congreso dos Deputados, no 24 de marzo pasado, o seguinte escrito:


“Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Ao  amparo do establecido no Regulamento da Cámara preséntase a seguinte pregunta dirixida ao Goberno para a que solicita resposta escrita:
Desde fai bastantes anos cada pouco tempo vólvese oír falar da instalación dun campo de golf na ILLA DA BOEGA, de propiedade portuguesa, nas augas internacionais do río Miño.
Son moitos os cidadáns dos pobos de ámbalas dúas marxes que se dedican á pesca, a cal é fonte de ingresos e sustento dos mesmos.
Así mesmo, existe na zona unha boa cantidade de praias de alta calidade que serven de atractivo turístico. Finalmente é destacable tamén a existencia de espazos naturais protexidos e a presenza de zonas de alto risco polo seu valor ecolóxico, onde a súa alteración pode ocasionar graves danos ao ecosistema, como son o Camarido (Caminha-Portugal) e a Ribeira e a Xunqueira de Salcidos  (A Guarda-España).
Tendo en conta, que a posible existencia de ditos complexos de golf, implicaría a aplicación de produtos defoliantes e herbicidas de alto poder destrutivo e que arroxarían ás augas do Miño cantidade de produtos químicos que poderían contaminalo e provocar a mortaldade de peixes e de aves que usan estas paraxes mo seu periplo migratorio.
Nestas situacións distintos grupos ecoloxistas de ´`ambalas marxes do río, veñen denunciando o perigo que pode representar ese proxecto. O pasado 15 de novembro , na Asamblea da Cámara Municipal de Caminha, informouse que se celebrou unha xuntanza  co Presidente do Instituto de Augas e o Director Rexional de Ambiente, discutíndose, entre outros, o PROXECTO DE GOLF NA ILLA DA BOEGA, que segundo se informou, fora devolto polo Ministerio do Ambiente por presentar incompatibilidades de orde ambiental.
Ten coñecemento o Goberno español dese proxecto que atañe tamén ao mesmo?por ser obras a realizar en augas internacionais de ámbolos dous países?
Existe documentación sobre o impacto medioambiental deste proxecto e a súa incidencia sobre a pesca nas zonas protexidas?
Dito proxecto cíñese á normativa europeo sobre medio ambiente?
Asdo: Ricardo Peralta Ortega
            Transcribimos o que publicamos no boletín CARRIZAL nº 44, editado en maio dese ano.

    O sábado 27 de febreiro (1993), durante a realización do censo (de aves acuáticas) de dito mes, puidemos comprobar, non sen sorpresa, a presenza de diversa maquinaria no interior da illa Boega. Inmediatamente comezamos as xestións co fin de evitar o que consideramos que podería ser a máis graves agresión contra este espazo natural. Neste senso, procedemos ao envío de telegramas-denuncia á Dirección Regional do Ambiente, ao Instituto Nacional do Ambiente e ao Presidente do Servicio nacional de Parques, todos eles pertencentes á administración portuguesa. Do mesmo xeito, remitimos telegramas ao Goberno Civil de Pontevedra, á Comandancia de Mariña “Cabo Fradera”, á Consellería da Presidencia e á Concellería de Agricultura, co fin de que xestionasen diante da administración portuguesa a paralización das obras. A campaña de oposición a este aberrante proxecto incluíu escritos aos medios de comunicación dun e doutro lado do Miño.
 
 
         De momento, e ante a ilegalidade das obras, a administración portuguesa procedeu dar orde de paralización das mesmas. Por outra banda, o Goberno Civil de Pontevedra remitiunos un escrito no que nos comunica que dirixiu sendos escritos ao Presidente da Comisión de límites e ao Gobernador Civil de Viana do Castelo, nos que comunica que as obras na illa Boega carecen do preceptivo permiso do Gobernador Civil de Pontevedra, tal e como está establecido no Tratado de Límites firmado en Lisboa o 29 de setembro de 1864, polo que pide a paralización das obras.
 
 
         O promotor deste campo de golf é o industrial hostaleiro Flavio Amorín, que a dicir das xentes do país veciño, ten grandes influencias. As implicacións deste proxecto no Estuario do Miño e arredores, de levarse adiante, van incidir drástica e negativamente nos aspectos ecolóxicos, paisaxísticos e sociais da zona. Grandes cantidades de produtos químicos, como insecticidas e abonos sería preciso utilizar constantemente; enormes cantidades de auga (non vale a do río por ser salobre), especulación das terras; incidencia na pesca; etc., son algúns dos aspectos que esta asociación tivo en conta para opoñerse a este proxecto.
 
 
         O antigo Comandante da Capitanía de Caminha parece estar implicado neste proxecto xa que, por informacións chegadas a ANABAM, puxo a disposición do promotor do complexo golfístico, unha embarcación especial para poder pasar a maquinaria pesada (camións, palas, escavadoras) ao interior da illa. Neste senso, ANABAM, vai ver a posibilidade de que por parte do Goberno portugués se esixan responsabilidades a ese señor, no caso de ter cometido unha infracción.  
        O xornal portugués PÚBLICO, daba conta, o 9/10/1995, do proxecto do campo de golf, nun artigo co títulos que poñemos liñas abaixo, e da autoría do periodista dese xornal Nogueira Gil.

BURACOS NO GOLFE DA BOEGA

      A história do golfe na ilha da Boega (Vila Nova de Cerveira) é longa -nove anos pelo menos- e, sobretudo, pouco pacífica. Sonhado pelo empresário do sector hoteleiro e proprietário da ilha, Flávio Amorim, o projecto tem tropeçado nas dificultades de financiamento (os custos deverao ascender a un milhao de contos), na oposiçao dos ecologistas e, tambén, nos obstáculos do licenciamento.
 
    Em abril de 1993 chegaran a ser deslocadas máquinas de terraplenagem para a ilha, o que provocou uma intensa reacçao de associaçooes ambientalista galegas e portuguesas. Mas a alegada necesidade de um parecer do Instituto nacional da Água, despois dos restantes licenciamentos já obtidos, levou a suspensao dos trabalhos. E acrescia um outro óbice: é que o golfe só será viável en termos económicos  se poder dispor de 18 buracos. Ora, a ilha da Boega dispoe apenas de uma área de 40 Ha, o que nao chega para tanto buraco. Em alternativa, ou se reduz o empreendimento para nove buracos -o que o tornará pouco apètecivel para os jogadores internacionaise para os endinheirados frequentadores dos "links"- ou se alarga a área disponível. Como? Pela apropiaçao de cerca de dez hectares de um afloramento arenoso anexo a ilha.
    Mas aquí surge um óbice suplementar: é que o río Minho, em que se sitúa a ilha da Boega é un curso de água internacional, e o estado espanhol tem jurisdiçao sobre parte dos areios e ilhas existentes no seu traçado. Parece ser o caso daqueles terrenos, e o governador civil de Pontevedra, na última reuniao do Conselho da Bacia do Rio Minho, foi claro ao afirmar que a Espanha nao abrirá mao daqueles dez hectares e, muito menos, para aí permitir que se implante un golfe.
   Volta-se assim às hesitaçoes. Com quarenta hestares, o projecto nao é apetecível. E nao se vislumbram outras facilidades para alargar o "green". Restam as consideraçoes ecológicas. Os ambientalistas da galega Associaçao naturalista “Baixo Minho” (ANABAM), a súa congénere da outra margem, a Corema, mas também personalidades como Gonçalo Ribeiro Telles têm criticado o projecto por duas razoes elementares. A primeira é que o relvado de um campo de golfe exige uma espécie determinada de relva e elimina todas as outras  espécies vegetais, o que contraria as necesidades de biodiversidade da zona. A segunda, e tal vez máis grave, é que un “green”  exige quantidades enormes de agroquímicos, quer fertilizantes, quer herbicidas. E, no caso da Boega, é evidente que a drenagem se faz para o rio, com un potencial poluidor que assuta. “Claro é que se verificará, no mínimo, uma autrofizaçao que irá potenciar a já existente, e levará ao desenvolvimento anormal de especies vegetais indesejáveis, como, por exemplo, microalgas tóxicas. Como aconteceu, mais uma vez, este verao” disse José Gualdino, da Corema, ao PÚBLICO.
E os ecologistas nao se ficam por aquí: temen também a proliferaçao de equipamentos trísticos na margem do río, que virao, inevitablemente, por arrastamento. E se já protestam contra o empreendimento habitacionalcom clube náutico que se edificou recentemente, receiam que, caso se concretize o campo de golfe, a situaçao alastre para niveis incontroláveis, destruindo-se definitivamente uma zona de equilibrios ainda aceitáveis e que, “nao esqueçamos –acrescenta Jose Guardino-, é um importante refúgio da avifauna”.
CARRIZAL 56, novembro 1995
       Segundo puidemos saber de xeito extraoficial, a Dirección Xeral de Turismo do Goberno portugués, parece que deu o seu visto bo para a construción do campo de golf na illa Boega, que, lembremos, foi paralizado no seu momento logo das denuncias realizadas por esta asociación. Dado que calquera acción no tramo internacional do río Miño debe pasar pola aprobación dos dous gobernos (español e portugués), temos esperanzas de que este proxecto especulativo, agresivo contra o patrimonio natural do Esteiro do Miño e enganoso coa poboación, non vaia adiante e siga, en consecuencia, paralizado.

CARRIZAL 58, febreiro 1996
  
CAMPO DE GOLF DA BOEGA
OS INTERESADOS COMEZAN A CAMPAÑA DE INTOXICACIÓN
  
Reproducimos o artigo publicado no xornal portugués PÚBLICO con data 29 de outubro  de 1995, da autoría de Eduardo Calvet Magalhaes (Vila Nova de Cerveira), onde se expón a opinión dos interesados de que este proxecto saia adiante. Da súa lectura sacamos a conclusión de que persoas que non estudan, observan, investigan e traballan pola defensa da natureza pero que se dedican á creación de infraestruturas en áreas de interese ecolóxico resultan ser máis respectuosos con esta que os propios ecoloxistas. Tamén os proxectos que eles desenvolven (unicamente para obter suculentos e substanciosos beneficios) son os máis respectuosos co entorno. Non dubidan estas persoas en crear ata un grupo ecoloxista que, por suposto, apoia o proxecto de campo de golf. Non hai, nunha e noutra marxe do río ningún outro grupo que arroupe este tipo de instalacións deportivas. Como non merece a pena perder tempo en utilizar as páxinas deste boletín en rebatir a sarta de sandeces, mentiras e bobadas que no artigo se expoñen, é polo que preferimos reproducilo integramente, xa que consideramos que da súa lectura el mesmo se descalifica, entre outras razóns porque non hai que ser ecoloxista nin naturalista para ver as cousas na súa realidade e no seu contexto. En calquera caso, para máis información sobre este particular, pode consultarse o anterior número do CARRIZAL, ou mesmo outros números atrasados no que tratamos este tema en diversas ocasións.
  
     “De cómo a burocracia, a inércia e o fundamentalismo pseudo-ecológico podem atrasar a realização  de um empreendimento que tem a rara qualidade de não  poluir, nao  perturbar, manter o ecossistema, cuidar de uma terra abandonada e, aínda por cima, ser um polo de desenvolvimento.
      Desde 1986  que a Sociedade Agrícola e Turística Boega conseguiu aprovação , pela Direcção  Geral de Turismo, a través do Parecer  339/98de 22 de Julho, para a instalação  de um campo de golfe de 18 buracos na ilha da Boega, no río Minho, frente a Gondarém, en Vila Nova de Cerveira.
     O projecto, da autoría do engenheiro agrónomo especializado en questtoes ambientais Ramón Espinosa, presidente da Associação  Europeia de Arquitectos de Golfe, é de grande qualidade técnica, tendo merecido o maior elógio dos especialistas desta área e, particularmente, de ecologistas e técnicos de ambiente nao-enfeudados a intereses imobiliários, por ser evidente trtar-se dum projecto que, ão  contrário do que acontecia com un estudo anterior á iniciativa dos novos proprietários da ilha, se opor a selvajaria construtiva que ten tornado os locais mais aprazíveis, do Algarve ás ilhas balneares, em florestas de hotéis, pensoes, discotecas, “shopping centers” e outras atracçoes de frequência maciça e, por esse facto, poluidoras do ambiente.
      No prazo estipulado polo referido parecer, foi dada satisfação  as imposiçoes da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, da Direcção -Geral dos Portos e da Direcção -Geral do Ordenamento do Território, pelo que o projecto obteve, em 30 de agosto de 1988, o alvará de licença nº 428. A sociedade em referência, uma vez obtida a licença e respeitada as exigências da Direcção -Geral do Ordenamento do Território, apresentou sucessivas  candidaturas ao Sistema de Incentivos Financeiros do Turismo, tendo-lhe sido concedidos pequenos subsídios que, pola súa insuficiência, obrigaram a empresa a reunir os avultados capitais próprios (un milhão  de contos) necessários a execução  do projecto de co0nstrucção   do campo de golfe,  tendo introduzido, por isso, algumas alteraçoes no traçado do empreendimento.
      Nos prazos estipulados, a Sociedade Boega apresentou, em Janeiro de 1995, á Direcção -Geral de Turismo, quer un aditamentocon o novo traçado do campo, quer as alteraçoes ao projecto inicial relativas ás instalaçoes de apoio e que tinhan sido objecto de licenciamentopekla Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira em 1988, quer en relação  ao chamado projecto ETAR,  solicitado então  pela Direcção -Geral de Recursos e Aproveitamentos Hidráulicos.
       Entretanto, a Direcção -Geral de Portos, quando julgava que o terreo que acresceu à ilha da Boega era de domínio público, aprovou e licenciou o campo de golfe e pretendeu cobrar uma taxa pela utilização  dos terrenos. Com a competência transfeida da DGP para a INAG, a após parecer da Procuradoria-Geral da república sobre a propriedade privada desses terreos, parecer homologado pelo secretário de Estado do Ambiente e pelo secretário adjunto das Pescas, a nova entidade que superintende o assunto começoua criar dificultades e a nao autorizar previamente autorizados.
       Iniciou-se então  uma saga de dificultades inesplicáveis em terrenos ecológicos, construtivos e paisagísticos, dado que todas as alteraçoes introduzidas sao de muito menor volume do que as anteriormente licenciadas. Assim, um impreendimento de importáncia fundamental para a Região  Norte começa a encontrar dificultades criadas por organismos com sede em Lisboa baseados num fundamentalismo pseudo-ecológico segundo se julga, pois os argumentos apresentados sãã tan frágeis e caricatos e carecen de bases técnicas e científicas, não  deixando lugar a dúvida de que poderosos interesses imobiliários se moven na capital e têm interesse que seja dificultada, ou pelo menos demorada, a aprovação das alteraçoes proposta. A Associação  dos Ecologistas do Norte que existe como entidade informal desde 1987 mas só agora vai tornar-se uma institução  con estatuto legal, não  pode deixar de levantar o seu protesto pelas dificultades criadas e apelou publicamente á Dra. Teresa Patricio Gouveira e ão   Secretário de Estado que fosse atendida a exposição  que a Sociedade Boega acaba de apresentar, pois não  só a esmagadora maioría das forças vivas da região  apoia a iniciativa, como considera que a sua realização  vem fechar a série de Iniciativas que Vila Nova de Cerveira tem conseguido levar a cabo desde 1978 e que tornaram esta vila un pólo de desenvolvimento equilibrado e com respeito absoluto pelo ecosistema local , pela manutenção  dos equilibrios paisagísticos e por constituir uma forma consciencializada e gradualizada de permitir o crescimento sócio-económico fora dos habituais esquemas da barbárie construtiva e concentração  de actividades. É tal vez por isso que o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, em deciaração  datada de 17 de Julho de 1995, diz que “a instalação  de um campo de golfe na ilha da Boega tem a maior importância quer para o concelho de Vila Nova de Cerveira, quer para a região  do Vale do Minho, conforme consta da estratégia de desenvolvimentodo Plano Director Municipal”
Regreso al contenido