OFERTA DE EMPREGO 2025 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

OFERTA DE EMPREGO 2025

EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
PROXECTO BORRELHO
NAS PRAIAS DO NORTE PORTUGUÉS
Descrición do emprego
 
         ANABAM convoca unha praza ao abeiro do Projeto Borrelho 2025 (seguimento da poboación e protección de niños borrelho-de-coleira interrompida (Charadrius alexandrinus Linnaeus, 1758) nas praias do norte portugués, entre a Foz do Miño (Caminha) e a praia do forte de Paçô (Viana do Castelo), tramo costeiro de, aproximadamente, 13 quilómetros de lonxitude.

          A persoa contratada encargarase de detectar os niños de borrelho nas praias obxecto do proxecto, a protección dos mesmos co material subministrado pola asociación, realizar un seguimento dos niños, recoller o material no local de ANABAM e transportalo ata o lugar obxecto de protección, e desenvolver cantas accións sexan necesarias para conseguir o maior éxito posible do aniñamento do borrelho. Non se descarta algunha colaboración con colegas doutras praias.
 
SELECCIÓN PERSOAL
     A selección do persoal rexerase de acordo ao seguinte baremo:
      1/ Coñecemento do proxecto borrelho así como as características fundamentais desta ave e da súa presenza en Galiza e norte portugués.

                 2/ Baremos de puntuación para a selección de persoal.

                          a/ Formación académica:
                              a1/ Titulación de Grao en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou
                                   Ciencias do Mar - 1,5 puntos
                   a2/ Titulación de Ciclo Superior relacionado co Medio Ambiente –                            1 punto.
a3/ Titulación de Ciclo Medio relacionado co Medio Ambiente –
        0,5 puntos.
a4/ Cursos complementarios en ornitoloxía, conservación ou                    educación ambiental – ata 0,5 puntos.

b/  Experiencia profesional:
b1/ Experiencia específica en programas de conservación da                   píllara das dunas – ata 1,5 puntos.
b2/ Experiencia en programas de protección e conservación de              flora e fauna – ata 1 punto.
b3/ Experiencia en actividades de divulgación ambiental – ata               0,5 puntos.

c/ Entrevista persoal:
c1/ Motivación, coñecemento do proxecto e dispoñibilidade –                 ata 1 punto.
c2/ Habilidades comunicativas e traballo en equipo – ata  
         1 punto.
c3/ Coñecementos técnicos aplicados (ornitoloxía, traballo de
        campo, etc.) – ata 0,5 puntos.

d/ VÍNCULO CON ANABAM:

d1/ Persoa socia de ANABAM – 1 punto .
d2/ Prácticas profesionais realizadas en ANABAM – 0,5 puntos.

Condicións
 
Contrato: do 5 de maio ao 20 de xullo de 2025.
 
Xornada parcial, 5 horas diarias; 5 días á semana (de luns a venres).

Soldo bruto:1.250 € (+ Suplemento desprazamento: 175 €).
 
Horario: normalmente de mañá, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

Posibilidade de variación da xornada en función da carga de traballo e das necesidades puntuais do proxecto.
 
Dispoñibilidade para realizar seminarios, obradoiros de voluntariado e charlas de educación ambiental coa cidadanía.
 
Indispensable dispor de vehículo.

Tarxeta sanitaria europea.

Os datos recollidos no proxecto, fotografías, accións, actividades desenvolvidas ao longo do período de contratación serán de pertenza de ANABAM e non poderán ser publicados nin transferidos a ningunha outra entidade sen o consentimento desta entidade conservacionista.
   
Área de traballo
 
Será principalmente no norte de Portugal, na franxa atlántica entre a Praia da Foz (Caminha) e a praia de Paçô (Viana do Castelo), tramo duns 13 quilómetros de lonxitude. A persoa contratada responsabilizarase da redacción de informes semanais e do informe final do proxecto, ademais de presentar un artigo para a súa publicación na revista editada por esta asociación.
 
Solicitude
 
Dirixirase por correo electrónico (voluntariado.anabam@gmail.com) ata o día 25 de abril de 2025, ás 23:59 h, acompañada do CV e carta de motivación.

Nota
      Calquera circunstancia que xurda e non apareza  contemplada nesta convocatoria, será resolta pola entidade convocante.
 
 
Regreso al contenido