MAPOULA MARIÑA ("Glaucium flavum")
BIODIVERSIDADE > FLORA
CAMPAÑA DE PROTECCIÓN
DA MAPOULA MARIÑA (Glaucium flavum)
NA GUARDA
A GUARDA: CAMPAÑA 2021:
-Con data 2 de agosto: enviamos telematicamente escrito ao Concello da Guarda, dirixido ao Alcalde (Antonio Lomba) e a Concelleira de M.A. (Monserrat Magallanes) informando da situación tan crítica na que se atopa esta planta na vila da Guarda, cun único pé existente, logo de seren eliminados todos os demais que había debido ás continuas cortas e aterramentos.
-Polo anterior, proponse nese escrito:
1/ Que no caso de realizar a corta de herba na senda litoral, se
teña en conta o único pé que queda, preservando o mesmo.
2/ Se proceda a vallar ese exemplar e se coloque un
cartel informando da especie e as súas características.
3/ Se leve a cabo un PROXECTO DE RECUPERACIÓN da especie
citada para conseguir a súa introdución no tramo costeiro
guardés.
Fotografía de algúns dos exemplares que había por debaixo do centro de ensino de Solanas, costa da Guarda, no ano 2018. Foto: agufelo.
-Algúns dos pés que había no Seixal (costa sur da Guarda). Fotografaía do ano 2008. A costrución da senda litoral acabou con varios dos poucos exemplares que había. Autor : agufelo.
-A un e outro lado da pasarela de madeira desenvolvíanse varios pés, mais os continuos labores de corta das herbas, levaron á desaparición deses exemplares. Fotografaía do ano 2011. Autor : agufelo.
FALAMOS CO ALCALDE DA GUARDA
Aproveitando a sinatura dun convenio asinado entre o Concello guardés e ANABAM, falamos con Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, (03/08/2021) para que se tomen medidas co único exemplar que aínda queda de mapoula mariña, co fin de evitar que sexa cortado no caso de realizar labores de "desbroce" na zona de Solanas. El mismo sinalou que entón habería que cercar o exemplar para garantizar que non se corte, que foi unha das nosas peticións no escrito que lle enviamos. Aínda que a estas alturas, 24 de agosto, o exemplar en cuestión continúa a estar presente, observamos que comezaron os labores de "desbroce" este mesmo día, así que esperamos non sexa levado por diante.
Con data de hoxe mesmo, 24/08/2021, procedemos a enviar a seguinte mensaxe ao Alcalde da Guarda:
Dende que enviamos escrito para a protección do único exemplar de Glaucium flavum (mapoula mariña) que queda na costa da Guarda, concretamente xusto debaixo do viveiro de langostas de Solanas, estamos a levar a cabo un seguimento case diario do mesmo para evitar que sexa eliminado. Hoxe, 24 de agosto, observamos que comezaron os labores de desbroce nesa zona, polo que solicitamos se avise a quen está realizando ese traballo, da presenza do exemplar e, ao mesmo tempo, se proceda a valar o mesmo poñendo, se é posible, un cartel informativo.