"Tanymastix stagnalis"
BIODIVERSIDADE > FAUNA > ANOSTRACA
Actualizada o 08-11-2021
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
Inferior, imaxe 1
NOVOS DATOS DOS ANOSTRÁCEOS
DO ALTO DA GROBA Comezacardo da Silva Diz
Imaxe 2
Facía nove anos e un mes que membros de ANABAM rexistrabamos por vez primeira para o Baixo Miño, e pode que tamén para a provincia de Ponteveda -non nos atrevemos dicir que de Galicia, aínda que o certo é que moita información ao respecto non hai-, aos anostráceos de nome Tanymastix stagnalis. O sábado decidimos voltar de novo ao Alto da Groba para recoller nova información destes minúsculos seres, considerados fósiles viventes porque non cambiaron a súa morfoloxía dende o Xurásico (200-150 millóns de anos), poñendo de manifesto coa súa presenza, a importancia que ten este enclave na biodiversidade galega (non esquezamos que é un dos escasos lugares onde habita o sapo de esporóns, que é unha zona de paso do voitre leonado ou da píllara rubia, por poñer algúns exemplos).
Ata as pozas do Alto da Groba desprazámonos o grupo de traballo de ANABAM, formado nesta ocasión por Angílica Entenza, Carlos; Dorado Senra,Luis; Ferreira Lorenzo, Agustín e González de Dios, Mª Consuelo. Non íamos, como adoita ser habitual, tomar datos dos sapos de esporóns, senón dos T. stagnalis, pois, como dixemos máis arriba, xa ía un bó número de anos sen saber como estaba a poboación da zona.
Imaxe 3
E tivemos sorte. Observamos ducias deste seres, machos e femias, recollendo algúns exemplares para continuar o seu estudo na casa. E aquí tivemos a sorpresa de ver, por vez primeira os ovos, practicamente igual que unha lentella, pero de tamaño, loxicamente, moitísimo máis pequenos. Calculamos que o tamaño debe andar polos 0,4 mm de diámetro, a cor é marrón escura, e cada femia deposita varios destes ovos, non poidemos precisar cantos debido a que tiñamos varias delas xuntas.
Estes seres, que precisan dunhas condicións bastantes "raras" e "incómodas" para nós, habitan as augas frías, depositando os ovos que eclosionan en pouco tempo. Hai que sinalar, que estes ovos poden estar varios anos "operativos", pois se a charca seca, non eclosionarán ata que haxa condicións axeitadas.omezacardo da Silva Diz
Imaxe 4
Imaxe 1: grupo de traballo o sábado 06/11/2021 recollendo mostras e prospectando a charca da Poza Negra no Alto da Groba.
Imaxe 2.- vénse os elementos natatorios que moven para desprazarse na auga. Son en total 11 pares.
Imaxe 3.- femias (as que teñen o "abultamento" vermello, chamado ovisaco, que é onde están os ovos antes de depositalos no medio) e machos.
Imaxe 4.- Ovos.
PARA O BAIXO MIÑO
Actualizada o 15-10-2012
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Branchiopoda
Orden: Anostraca
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Branchiopoda
Orden: Anostraca
Xénero: Tanymastix
Especie: Tanymastix stagnalis
O pasado sábado, 13 de outubro deste ano 2012, o grupo de traballo de ANABAM sae ao campo, como adoita facer cada sábado, coa finalidade de recoller información sobre diferentes aspectos da paisaxe e biodiversidade dunha determinada zona da bisbarra baixomiñota. Nesta ocasión o destino era o Alto da Groba (Baiona-Oia), co obxecto de visitar as charcas que alí temos e tomar datos do sapo de esporóns. O equipo estaba formado por Angíliza Entenza, Carlos; Bautista Salgueiriño, Silvia; Dorado Senra, Luis; Ferreira Lorenzo, Agustín; Ferreira Lorenzo, Antón; Ferreira Rodríguez, Noé, González de Dios, Mª Consuelo e Pombal Diego, Manuel A.
Unha vez na zona, comezamos os labores de prospección, para o que íamos pertrechados con ganapáns e, mesmo, coladores dos utilizados nas casas. Comezamos escudriñando a superficie e, logo, o fondo. De cada pasada, sacábamos unha boa morea de cágados, algúns de bo tamaño. Cos coladores, debido a ter unha malla máis fina, viña tamén algo de fango. Nunha das detidas observacións sobre estes, permitiunos ver que uns diminutos seres movíanse na lama. Mais non acertabamos saber que eran. Así que decidimos vaciar o contido nun recipiente, xunto cun pouco de auga, e analizar na casa, con máis detalle, que eran eses "bichiños" que se movían dun lado para outro.
Comezacardo da Silva Diz
Unha vez no noso particular "laboratorio", lupa en man, observamos detidamente eses diminutivos seres. Observamos que eran semellantes ás artemias polo que consideramos que serían da orde anostraca, ou sexa, un tipo de crustáceos, mais, neste caso, ao contraria que elas, estes seres vivían en charcas de auga doce, temporais, dependentes da chuvia e, polo tanto, susceptibles de quedr valeiras, secas, cousa que normalmente sucede no verán. As artemias viven en lagos continentais de augas salgadas.
Aínda que tomamos varios datos e observamos detalladamente, non conseguimos máis que o dito arriba.
Cos datos obtidos consideramos que debiamos contactar con algún estudioso dos anostráceos e así, decidimos envar unhas fotografías, malas por certo, e unha descrición do observado e da zona onde se efectuou a mostraxe, ao investigador Juan García de Lomas, da Universidade gaditana, a quen, dende aquí dámoslle o noso público agradecemento. Juan non tardou en respostarnos identificándonos a especie como Tanymastix stagnalis, si ben non descartaba a posibilidade de que fosen, mesmo a T. affinis.
A partir de aí xa buscamos información sobre esta especie. As postas poden pasar longos períodos de seca, mesmo anos, ata que se dean as condicións axeitadas para desenvolverse, cousa que pode suceder, como efectivamente sucedes ás veces, no Alto da Groba.
Móvense constantemente, nadando dun lado para outro de espaldas para baixo. O seu corpo é transparentes. Posúen 11 pares de apéndices torácicos, phyllopodia, que lle serven para nadar. Aliméntanse por filtración. Medimos o tamaño, que anda polos 10 milímetros, destacando, a simple vista, unha franxa lonxitudinal negra e os seus ollos, sltóns, tamén de cor negra. Distínguense perfectamente machos e femias polo "ovisaco" de aquelas, lugar que contén os ovos.
A altitude á que se atopan estas charcas é duns 600 metros sobre o nivel do mar. Estes diminutos seres vense favorecidos polas temperaturas baixas, e o Alto da Groba, desde logo que non desmerece por iso.
Agora que temos unha nova especie descuberta para a bisbarra, tal vez mesmo pode que sexa unha das escasas citas, se hai algunha, de Galicia, trataremos de indagar máis polo miúdo sobre esta especie.