FUNGOS - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

FUNGOS

COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA

CIENCIA CIDADÁ

Queres participar neste poxecto
para coñecer e divulgar
a biodiversidade baixomiñota
a ámbolos dous lados do río Miño?

Clathrus ruber

Clathrus archeri

  Cubride o formulario da dereita.
   Para enviar as fotografías, seu peso non pode superar os 15 MB.
      O * indica cubrir obrigatoriamente para poder envialas.

O PROXECTO

   Consiste en fotografar as dúas especies de fungos citadas que vexades na bisbarra galego-portuguesa do Baixo Miño. En cantas máis posicións as fotografemos, mellor. Sempre en entornos naturais e sen manipulacións.

PUBLICACIÓN

De tódalas fotografías recibidas, elixiremos algunhas delas que serán publicadas na revista CARRIZAL, no mes de marzo próximo citando ao autor das mesmas. Tamén serán citadas as persoas que participaron enviando fotos, ben co seu nome e apelidos completos ou ben coas iniciais, segundo elas elixan. ANABAM tamén poderá publicar as fotografías recibidas noutros medios da asociación (web, Facebook, ou utilizalas nos traballos divulgativos, coa mesma premisa que dixemos anteriormente).

LOCALIDADES DE ACTUACIÓN

   Tódalas fotografías deberán ser tiradas na bisbarra galego portuguesa do Baixo Miño:
             municipios galegos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.
      municipios portugueses de Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira, Caminha ademais das feligresías de Afife e Paçô (Carreço).

A QUEN VAI DIRIXIDO

   A campaña está aberta a tódalas persoas que desexen participar na mesma, con tal de que as fotografías sexan obtidas nas localidades citadas. As persoas que participen nela, aceptan que as fotografías sexan publicadas por ANABAM en calquera dos medios que esta asociación emprega, citando ao autor das mesmas.














Se o desexas, podes aportarnos máis fotografías:




Citen meu nome e apelidos
Citen só as iniciais do meu nome e apelido


Se queres facilitarnos a localización dos fungos, podes enviarnos por correo electrónico o lugar (Google maps; Google earth...) onde tiraches as fotografías. (correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com)
Regreso al contenido