ENTREGA PREMIOS CAMPAÑA 2023
COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA > PROXECTOS > PROXECTO ANDORIÑA
Ir a...........Andoriña dáurica na Guarda
Ir a...........Andoriña dáurica no Baixo Miño
Ir a...........Andoriñas do Baixo Miño
Ir a..........Campaña protección niños de andoriñas 2023
Ir a..........Envío de datos das Andoriñas do Baixo Miño
Ir a..........Entrega premios campaña 2023
Ir a..........Taludes aniñamento andoriña das barreiras
O 28 de decembro, procedemos á entrega dos premios ás persoas que resultaron gañadoras da CAMPAÑA DE PROTECCIÓN DAS ANDORIÑAS correspondentes ao exercicio 2023. Asistiron as concelleiras dos dous concellos do Baixo Miño que se sumaron á campaña, Beatriz Rodríguez, por parte do Concello de O Rosal e Ana Belén Casaleiro, por parte do Concello de Tomiño, ademais dos premiados e de varios membros de ANABAM.
O acto desenvolveuse na Estación Ornitolóxica.
As persoas premiadas foron as seguintes:
Primeiro premio (200 €) correspondeu a Sonia Barbosa, da Gándara.
Dado que non houbo máis premiados, otorgamos dous accésits de 75 € cada un correspondendo a:
Javier Fernández, de Cristelos-Tomiño.
Silvia Arias de San Juan de Tabagón-O Rosal.
Dende ANABAM agradecemos a participación a tódalas persoas que se sumaron á campaña, pero sobre todo por permitir que as andoriñas sigan aniñando nas súas vivendas, garaxes, bodegas...
Agradecemos a colaboración dos concellos de O Rosal e Tomiño, por sumarse a esta campaña e ás súas concelleiras de M.A., Beatriz Rodríguez e Ana Belén Casaleiro por colaborar na mesma e pola súa presenza na entrega dos premios.
Tamén o noso agradecemento ás persoas que colaboraron na difusión da campaña e a aquelas que axudan a ANABAM economicamente para que sigamos nesta liña de protección e conservación da biodiversidade baixomiñota. Por suposto a tódalas persoas socias de ANABAM que nos motivan a seguir adiante.
Luís Dorado Senra
Ana Belén Casaleiro, concelleira de Tomiño, fae entrega do primeiro premio a Sonia Barbosa.
Beatriz Rodríguez, Concelleira de O Rosal, entrega os dous accésits a Javier Fernández e a José Manuel, pai de Silvia Arias, en representación desta.
Á esquerda, imaxe dun dos niños enviados durante a campaña de protección.
Á dereita, concelleiras, premiados e membros de ANABAM.
A CAMPAÑA DE PROTECCIÓN DOS NIÑOS DAS
ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO
CONTA COA COLABORACIÓN DE