Cortaderia selloana (Herba da Pampa)
BIODIVERSIDADE > FLORA > GRAMÍNEAS
COORDINACIÓN:
-Agustín Ferreira Lorenzo
GRUPO TRABALLO:
-Luis Dorado Senra
-Agustín Ferreira Lorenzo
-Manuel A. Pombal Diego
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Corrección: Manuel A. Pombal Diego
Fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo
QUERES COLABORAR?
Estamos a actualizar os datos da presenza da herba da Pampa na bisbarra do Baixo Miño.
Se desexas colaborar neste proxecto enviando datos preme AQUÍ
ORIXEN: América do Sur.
NOME VULGAR: Plumeiro da Pampa (herba da Pampa)
PRIMEIROS EXEMPLARES NA BISBARRA: Posiblemente finais dos oitenta ou primeiros anos dos noventa
do século pasado.
CATALOGACIÓN: Especie exótica invasora. Moi perigosa para a biodiversidade baixomiñota.
MEDIDAS PROPOSTAS: Erradicación total da especie tanto en entornos públicos como privados. Probablemente a queima podería axudar a erradicar a especie.
MEDIDAS INMEDIATAS: Eliminación da panocha antes da súa maduración (ten lugar a partir de finais de agosto) para evitar a dispersión de sementes.
MAPA DISTRIBUCIÓN, ANO 2014
Datos recollidos dende o ano 2012 ata mediados do ano 2014 polo GT-ANABAM*. Tal e como reflicte o mapa, a herba da Pampa aparece bordeando toda a periferia da comarca do Baixo Miño galego, no interior a súa presenza é nula ou escasa. O mapa pon de manifesto que esta especie exótica se presenta particularmente nas proximidades de núcleos urbanos así como ao longo das vías de comunicación existentes entre eles. No interior, onde predominan as zonas montañosas e os núcleos rurais, esta especie non estaba instalada pois o uso ornamental da mesma era practicamente nulo.
*GT.- Grupo de traballo formado por membros e colaboradores de ANABAM, que traballan nun determinado proxecto auspiciado e coordinado por esta asociación. O GT que traballou na recollida de datos durante o tempo que se menciona, estivo formado por: Luís Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo; Manuel A. Pombal Diego e Ricardo da Silva Diz.