AVES MARIÑAS ATOPADAS MORTAS OU FERIDAS NA COSTA DO BAIXO MIÑO - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

AVES MARIÑAS ATOPADAS MORTAS OU FERIDAS NA COSTA DO BAIXO MIÑO

COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA
QUERES COLABORAR CON NÓS?
Arao papagaio (Fratercula arctica)
Foto: Dino (Mougás)

      Tódolos anos, na costa do Baixo Miño, aparecen ducias de aves mariñas mortas ou feridas. Son diversas as causas, pero de entre elas, os residuos de petróleo son a principal fonte que afectan ás aves mariñas. Tamén aparecen moitas con anzós nos seus peteiros, ou con fíos de nailon no seu corpo.  Dende os inicios ANABAM vén recollendo aves feridas e tomando nota destes feitos.

    Ti tamén podes colaborar nesta actividade percorrendo a costa baixomiñota e notificándonos se ves algunha ave petroleada, ferida, etc. Podes enviarnos comunicación, se é posible tamén algunha fotografía, das túas observacións e enchendo a ficha do lado.

MOI IMPORTANTE: Se colles algún ave ferida extrema a PRECAUCIÓN da túa cara e ollos!!! O seu peteiro ten suficiente forza para facerte un dano serio.

As pautas a seguir: se tes algo para botarlle enriba (toalla, pano, unha peza de roupa, mellor). Se non tes e vas collela, trata primeiro de botarlle man de xeito rápido ao pescozo, pero non acerques a túa cara ao animal.






FERIDA
CADÁVER





Si
Prefiro non figurar


CAMPAÑA  2020
Foto: Manuel A. Pombal Diego
Mascato (Morus bassanus)
Recollido por: Manuel A. Pombal Diego.
Lugar: Porto de Tuiberde (Mougas)
Data: 02/III/2020
Estado: ferido. Petroleado.
Entregado ao centro de recuperación de fauna.
Foto: Dino
Arao papagaio (Fratercula arctica)
Observado por:Dino.
Lugar:  (Mougas)
Data: 02/III/2020
Estado: morto. Petroleado.
Foto: Dino
Mascato (Morus bassanus)
Observado por: Dino.
Lugar: Porto de Xamúndez-Pedornes (Oia))
Data: 08/III/2020
Estado: morto. Petroleado.
Foto: Dino
Mascato (Morus bassanus)
Observado por:Dino.
Lugar:  Ribasaltas-Pedornes (Oia)
Data: 08/III/2020
Estado: morto. Petroleado.
Foto: Dino
Mascato (Morus bassanus)
Observado por:Dino.
Lugar: ao sur da desembocadura do río Viladesuso (Oia)
Data: 08/III/2020
Estado: morto. Petroleado.
Foto: Dino
Mascato (Morus bassanus)
Observado por:Dino.
Lugar: Barcelos-Mougás (Oia)
Data: 09/III/2020
Estado: morto. Petroleado.
Regreso al contenido