PROXECTOS PRIMAVERA-VERAN 2024
EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
SE DESEXAS COLABORAR NALGÚN DOS SEGUINTES PROXECTOS
PULSA NO ENLACE PARA IR A FICHA DE COLABORACIÓN......AQUÍ
Actualizado o 28 de marzo de 2024
Lugar: Praias do norte portugués, dende Camiha (Praia da Foz) ata Carreço (Praia do Forte de Paçô). Un tramo costeiro duns 15 quilómetros de lonxitude.
Interese: Constitúe unha das principais áreas de nidificación do borrelho-de-coleira-interrompida (Píllara das dunas) (Charadrius alexandrinus).
En que consiste o proxecto: prospección das praias na procura de niños de borrelho. Colocación de medidas de protección e información (gaiolas, cinta perimetral, carteis); observación das parellas de borrelho e anotación de datos; dar información de primeira man aos usuarios da praia; levar a cabo o seguimento da nidificación.
Cando se inicia o proxecto: 1 de abril.
Cando remata o proxecto: 30 de xuño.
Voluntariado: estarán acompañados polo biólogo encargado do proxecto. Normalmente o horario "oficial" é dende as 8:00 horas ás 13:00 horas, puidendo o voluntariado participar nesas horas de xeito total ou parcial. Se o voluntariado ten experiencia pode ir só ou con outros voluntarios e/ou membros de ANABAM que estean dispoñibles, puidendo elixir, neste caso, o horario que desexen. No caso de cruzar o río en barca entre A pasaxe (Camposancos-A Guarda) e Caminha, ANABAM lles facilitará un pase gratuíto.
Contacto: por WhatsApp (61 61 80 557) ou correo-e: anabam.anabam@gmail.com
Máis información Premer en PROJETO BORRELHO
PROXECTO LARUS:
Lugar: Preferentemente núcleo urbano da Guarda, sen descartar que se desenvolva tamén nos núcleos urbanos de Caminha, Vila Praia de Àncora e/ou Moledo.
Interese: Dende finais do século pasado, principios deste, as gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), veñen aniñando no núcleo urbano da Guarda. O proxecto pretende coñecer cantas parellas nidifican cada ano neste concello.
En que consiste o proxecto: Na observación dos tellados do núcleo guardés, que son os lugares habituais de aniñamento de cada parella. A observación e toma de datos lévase a cabo dende os puntos onde se divisa o maior número de tellados, rexistrando os niños e/ou polos.
Cando se inicia o proxecto: Principios de abril.
Cando remata o proxecto: Finais de xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren censar. No caso de non ter experiencia, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación.
PROXECTO ANDORIÑA:
Lugar: Preferentemente no núcleo urbano de Tui e nos municipios de Valença, Vila Nova de Cerveira, Caminha, Moledo e Vila Praia de Âncora, así como outras zonas do Baixo Miño
Interese: Este proxecto trata de rexistrar os lugares de nidificación das diferentes especies de andoriñas que crían no Baixo Miño galego-portugués.
En que consiste o proxecto: Percorreranse as poboacións sinaladas e lugares apropiados anotando tanto o número de niños como a localización dos mesmos.
Cando se inicia o proxecto: Principios de abril.
Cando remata o proxecto: A mediados/finais de xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren colaborar. No caso de non ter experiencia, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación.
PROXECTO BEMBIX:
Lugar:Praia de Camposancos. monte Terroso e outros posibles lugares que se estime convinte.
Interese: A avespa Bembix é un himenóptero que constrúe os seus niños en buracos escavados por ela mesma. Trátase de facer un seguimento para coñecer cales son as principais présas que transporta, cal é o momento de máxima actividade, que ooutros insectos se asocian a súa actividade, etc.
En que consiste o proxecto: Trátase de recoller información de campo das avespas escavadoras do xénero Bembix.
Cando se inicia o proxecto: A mediados de maio.
Cando remata o proxecto: A mediados/finais de xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren colaborar. No caso de non ter experiencia, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación
PROXECTO CAMARIÑA:
Lugar: Piñeiral da Mata Nacional de Camarido (Caminha).
Interese: A camariña (Corema album) é unha especie que está en regresión. No norte de Portugal, a Mata de Camarido é o único lugar de presenza desta especie.
En que consiste o proxecto: Percorrer a citada Mata e xeorreferenciar cada pé de Camariña e as características observadas de cada un.
Cando se inicia o proxecto: A partir de Abril.
Cando remata o proxecto: A finais de Xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren colaborar. No caso de non ter experiencia, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación