ANDORIÑA DÁURICA NO BAIXO MIÑO
COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA > PROXECTOS > PROXECTO ANDORIÑA
Ir a...........Andoriña dáurica na Guarda
Ir a...........Andoriña dáurica no Baixo Miño
Ir a...........Andoriñas do Baixo Miño
Ir a..........Campaña protección niños de andoriñas 2023
Ir a..........Envío de datos das Andoriñas do Baixo Miño
Ir a..........Entrega premios campaña 2023
Ir a..........Taludes aniñamento andoriña das barreiras
Os primeiros rexistros da presencia de niños de andoriña dáurica no Baixo Miño datan do ano 2005, onde case que de xeito simultáneo, eran observados un en Goián (Tomiño) (ANABAM)* e outro en Rebordáns (Tui) (información facilitada polo Axente de Medio Ambiente, Emilio Alonso Gómez), a escasos metros do cruce que conduce a Guillarei, baixo unha ponte da autovía.
No ano 2006, Luis Dorado e Agustín Ferreira, localizaban un novo niño, neste caso no interior dunha marquesiña situada na parcelaria, no lugar dos Pedregales (Tomiño), a menos de dous metros de altura. No seu interior observamos un niño de carrizo (Troglodytes troglodytes).
No mes de agosto do ano 2007, os membros de ANABAM, Luis Dorado Senra e Agustín Ferreira Lorenzo, realizaron unha visita ao niño de Goián. Puido comprobarse que nese ano non fora ocupado, atopándose parcialmente destruído polo paso do tempo.
Tamén nese mesmo verán do 2007, os membros de ANABAM levamos a cabo unha visita a Rebordáns, onde fora observado o niño dous anos antes, comprobando que o mesmo estaba activo, confirmando este dato tamén o axente Emilio Alonso.
Nese 2007, o mesmo axente facilitábanos unha nova cita doutro niño, nas proximidades da capela de Nosa Señora do Camiño, tamén en Rebordáns.
No ano 2012 membros de ANABAM rexistraban o primeiro niño nun núcleo urbano baixomiñoto, concretamente nun dos edificios próximos ao aparcamento existente detrás da Área Panorámica (Tui).
Tamén, nese ano 2012, era rexistrado outro niño en Fornelos (O Rosal) por Luis Dorado Senra.
E xa, neste ano 2019, observábamos xuvenís no aparcamento do antigo ferri de Goián (Agustín Ferreira L. e Araceli Ozores P.). Igualmente eran observados exemplares xuvenís na zona de Couselo (Martha Garden).
Tamén, neste 2019, na entrada á prazoleta da Guía (A Guarda), cando está a piques de rematar o verán, descubriamos (Agustín Ferreira L.) o primeiro niño, e ata agora único, existente no núcleo urbano guardés, observando ata tres exemplares voando, dous deles -probablemente os proxenitores- entraban e saían cada certo tempo do niño. Tamén comprobamos que no interior había, polo menos, un exemplar.
Probablemente a expansión da andoriña dáurica produciuse de norte a sur, seguindo un desprazamento paralelo ao río Miño.
Os niños da andoriña dáurica caracterízanse por ter unha entrada cun túnel que pode ser bastante curto ou largo. Teñen forma de "igloo" invertido.