DOAZÓNS - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

DOAZÓNS

COLABORA
    As doazóns permiten a ANABAM desenvolver os diferentes proxectos
nos que estamos inmersos.

    Poden ser de tres tipos:

     DOAZÓNS ECONÓMICAS que destinamos aos gastos da asociación adquisición de material, campañas, divulgación, estudos, protección, persoal, adquisición de terreos, etc.

    DOAZÓN DE TERREOS permítenos conservar hábitats de interese para a biodiversidade como poden ser os bosques de ribeira.

    DOAZÓNS DE MATERIAL, para desenvolver nas mellores condicións os nosos traballos. Exemplos deste tipo de doazóns: prismáticos, telescopios, cámaras de fototrampeo...

TERREO
DOADO A ANABAM
   
    O primeiro terreo doado a ANABAM foi realizado por dona Marina Martínez Baz, de A Guarda o 16 de outubro de 2020. Corresponde a unha parcela de case 350 metros cadrados situada na parroquia de Salcidos, a carón do canaveiral da marisma.

      Queremos facer público o agradecemento de ANABAM a dona Marina, polo que representa para a biodiversidade desta paraxe a mencionada parcela, que esperemos forme parte do inicio dun proxecto máis ambicioso para a flora, fauna e educación ambiental que desenvolve esta entidade conservacionista.
DOAZÓN DE TERREO............................16/X/2020
   
   A FINCA: bordeada na súa parte sur polo canaveiral de carrizo (Phragmites australis) e algún amieiro (Alnus glutinosa), e no resto do seu perímetro por fincas noutrora adicadas á colleita de millo. A poucos metros, á esquerda, atópase o bosque de ribeira.

    No recadro, sinalado pola frecha, o terreo doado por dona Marina Martínez Baz a ANABAM.

CARACTERÍSTICAS DO TERREO:

Polígono: 30.
Parcela: 164.
Superficie: 347 metros cadrados.

Nome da finca: Paxaro.

Localización: Parroquia de Salcidos.
Zona: A Gándara.

Destino: preservar a biodiversidade natural do entorno.

Fotografía Sixpac.


    Fotografía superior: dona Marina e o presidente de ANABAM visitando a finca, na que se aprecia, ao fondo, o canaveiral que limita con esta na súa parte sur.

    Fotografía da dereita, vista xeral da finca no seu estado actual.

    Fotografía inferior, outra vista xeral da finca (queda enfronte do amieiro que se ve ao fondo "desmochado". Á dereita o bosque de ribeira próximo.



    Fotografías Noé Ferreira Rodríguez


Regreso al contenido