FLORES AZUIS
COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA
CIENCIA CIDADÁ
PRIMEIRA CAMPAÑA FOTOGRÁFICA DE
FLORES SILVESTRES AZUIS
NO BAIXO MIÑO GALEGO-PORTUGUÉS
Cubride o formulario da dereita.
Para enviar as fotografías, seu peso non pode superar os 15 MB.
O * indica cubrir obrigatoriamente para poder envialas.
O PROXECTO
Consiste en fotografar as PLANTAS SILVESTRES que con flores azuis, presentes na bisbarra galego-portuguesa do Baixo Miño. En cantas máis posicións as fotografemos, mellor. Sempre en entornos naturais e sen manipulacións. A idea é facer un inventario fotográfico das diferentes especies que habitan na citada bisbarra para logo facer unha publicación divulgativa na que aparecerán tódolos colaboradores.
LOCALIDADES DE ACTUACIÓN
Tódalas fotografías deberán ser tiradas na bisbarra galego portuguesa do Baixo Miño:
municipios galegos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.
municipios portugueses de Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira, Caminha ademais das
feligresías de Afife e Paçô (Carreço).
A QUEN VAI DIRIXIDO
A campaña está aberta a tódalas persoas que desexen participar na mesma, con tal de que as fotografías sexan obtidas nas localidades citadas. As persoas que participen nela, aceptan que as fotografías sexan publicadas por ANABAM en calquera dos medios que esta asociación emprega, citando ao autor das mesmas.
DATAS
Inicialmente a campaña está prevista para todo este ano 2023.