A NOSA HISTORIA
ANABAM > SOBRE NÓS
A NOSA HISTORIA: 35 ANOS NA NATUREZA E NO MEDIO AMBIENTE
Camiñamos cara ao noso 35 ANIVERSARIO, e para que nos coñezades, os que aínda non sabedes moito de nós, nada mellor que ir vendo a nosa historia, o noso percorrido ao longo deste tempo.
Grazas por estar aí, e grazas se nos botades unha man, asociándose, dando un donativo, como voluntarios ou como estimedes convinte.
1997
"HOXE TODOS IMOS DAR A LATA"
Foi unha campaña desenvolvida no ano 1997 colaborando con UNICEF. Covertémonos en pioneiros na recollida de latas no Baixo Miño e, moi probablemente, tamén en Galicia.
Se queres saber máis preme AQUÍ.
2011
ANABAM ASISTE EN TULCEA (ROMANÍA)
Á CONFERENCIA INTERNACIONAL DELTANET
A Universidade de Vigo e ANABAM colaboraron conxuntamente nun foro celebrado en Tulcea (Romania) co gallo da celebración da Conferencia Internacional DeltaNet sobre os deltas e os terreos húmidos, un evento preliminar oficial do Sexto Foro Mundial da Auga 2012. Por parte da nosa asociación estiveron presentes Noé Ferreira Rodríguez e manuel A. Pombal Diego.
Para saber máis preme AQUÍ
1989
"CAMPAÑA RECOLLIDA PILAS BOTÓN"
Neste ano iniciamos unha nova campaña coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. A recollida e concienciación do uso das pilas botón.
Se queres saber máis preme AQUÍ.
1993
ANABAM MANIFÉSTASE EN CAMINHA CONTRA AS OBRAS DO FERRI
Agás ANABAM, ninguén puxo en entredito a posta en funcionamento do ferri Caminha-A Guarda. Ademais do impacto ambiental e dos futuros problemas no leito do río, os custes de mantemento era algo inasumible pola empresa privada. Ao final, son os cidadáns os que teñen que colaborar nos gastos que ocasiona.
Para saber máis preme AQUÍ
1993
LAGOA DE FORCADELA (TOMIÑO)
Logo de conseguir o que a priori parecía o máis difícl (os cartos), os veciños opuxéronse a un proxecto sustentable e de recuperación dun espazo degradado que podería ter dinamizado a parroquia.
Se queres saber máis preme AQUÍ.
2000
ANABAM RECIBE O PREMIO "BANDEIRA VERDE GALICIA"
Un premio instituído pola Consellería de Medio Ambiente. Presentámonos á convocatoria do ano 2000 e fomos elexidos como gañadores dese premio.
Se queres saber máis preme AQUÍ.