Spirula spirula - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Spirula spirula

BIODIVERSIDADE > FAUNA > CEFALÓPODOS
Texto e fotos Noé Ferreira Rodríguez
Actualizada o 21-08-2012
O Projecto Borrelho lévanos a percorrer diariamente dende os meses de Abril ata Agosto os areais da costa Norte portuguesa na procura de ovos e polos de Píllara papuda ou Borrelho-de-coleira.interrompida. O pasado 6 de Agosto, nun destes percorridos pola praia de Afife (Viana do Castelo), atopámonos cunha peculiar cuncha que resultou pertencer a un cefalópodo propio de augas tropicais, Spirula spirula.
Cuncha interna de Spirula spirula atopada na praia de Afife  (Viana do Castelo, Portugal)
    É a única especie vivinte da orde dos Spirulida que aínda pode atoparse nos mares de augas cálidas. A cuncha interna é unha espiral plana provista dun canal sifonal ventral e de cámaras de aire transversais que lle facilitan a flotación a este cefalópodo, o cal non supera os 45 mm de lonxitude.

  Habita augas profundas durante o día, ata os 700 metros e, ao chegar a noite, migra a augas máis superficiais, entre os 300 e os 100 metros.
  En canto a distribución mundial é un animal moi abundante nas Illas Canarias así coma en augas tropicais do índico e do Pacífico. A presenza desta especie nas nosas costas pode deberse a causas accidentais ou a un cambio na distribución que, coma noutras especies de augas tropicais, comezan a chegar a latitudes temperadas por mor do quecemento global.

         A cuncha atópase depositada xunto a outro material recollido nas saídas de campo, no arquivo de ANABAM.

       Pensamos que esta pode ser a primeira cita de Spirilula spirula no NW peninsular, si ben, temos que volver a resaltar, que non temos probas de que a presenza da mesma obedeza a causas naturais.


     Máis información sobre a especie en: http://tolweb.org/Spirula_spirula/19989
Regreso al contenido