QUEN SOMOS. CONTACTO
ANABAM > SOBRE NÓS
ANABAM, é unha entidade conservacionista de carácter naturalista e ecoloxista. O seu ámeto de traballo é a bisbarra galego-portuguesa do Baixo Miño. Esta bisbarra, no tramo galego, está formado polos municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. No tramo portugués forman parte desta bisbarra natural os municipios de Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e Caminha e tramo norte da feligresía de Carreço
Somos unha entidade independiente, apolítica e non vinculada a ningunha empresa, institución, grupo social, etc.
Esta entidade conservacionista desenvolve actividades e proxectos relacionados co patrimonio natural, coa educación ambiental e co patrimonio cultural e etnográfico realacionado directa ou indirectamente coa natureza.
CONTACTO
Sede da asociación: ................. Calvario, 44-baixo A Guarda
Móbil/WhasApp......................... 61 61 80 557
Correo electrónico:................... anabam.anabam@gmail.com
ANABAM, é unha das entidades conservacionistas máis activas de Galicia. Foi pioneira, nuns casos a nivel estatal e noutros caos a nivel galego de dedenvolver proxectos ou campañas tales como: recollida de pilas botóns; campaña contra os pararraios radiactivos, protección activa da píllara das dunas, etc.
A nivel comarcal tamén foi unha entidade pioneira na organización de visitas guiadas: aos Muíños de Folón, ao poboado castrexo do Trega, na observación ornitolóxica na desembocadura do Miño, na costa marítima da Guarda, etc.
ANABAM foi fundada por Agustín Ferreira Lorenzo no ano 1985. A súas orixes hai que buscalas na Sección Ecolóxica da Agrupación Cultural Guardesa (da que foi responsable e creador tamén Agustín Ferreira). Esta Sección nacera para loitar contra un camping que se instalou (e aínda sigue alí dende entón) no ano 1982 de xeito ilegal pero co beneplácito das administracións local, autonómica e central, que lle deron visos de legalidade ou fixeron a vista gorda pasándose "a pelota" dunhas a outras.
SOCIOS DE HONRA
Os Socios de honra foron nombrados coincidindo coa certos aniversarios da asociación. Concretamente coincidindo cos diferentes quinquenios da nosa vida.
Estes son:
José María Quintana : Foi Xefe Provincial de Conservación da Natureza en Pontevedra. Mantivo sempre cordiais relacións con ANABAM, Á petición desta asociación, xestionou a declaración de Refuxio de Caza para o esteiro do Miño; a construcción dos dous observatorios ornitolóxicos nesa mesma zona; propiciou a axuda económica institucional para celebrar na Guarda a Primeira Xuntanza Estatal sobre as zonas húmidas (que organizamos en colaboración con Amigos da Terra -Madrid- e á que asistiron numerosas entidades conservacionistas de todo o país e mesmo de Portugal. Foi nomeado Socio de Honra no ano 1990.
Basilio Coímbra: Foi axente forestal de Medio Ambiente. Dedicouse en corpo e alma (ata a súa xubilación) a velar polo cumplimento da lei en materia medioambiental, dedicando mesmo o seu tempo libre á mesma. Sábados, domingos, festivos, vacacións..., non abandoaba o seu labor. Mantívose sempre en contacto con ANABAM colaborando con esta asociación sempre que podía. Foi nomeado Socio de Honra no ano 1995.
Comandante Leyva: Destinado no Cabo Fradera, en Tui, de el dependía moito as actividades profesionais e ata medioambientais do tramo internacional do Río Miño. Intentou levar a cabo algúns dos proxectos que lle expuxemos, aínda que non saiu airoso. Estivo en contra da extracción de áridos e a favor da regulación da pesca. Foi nomeado Socio de Honra con motivo no ano 1995
John Weeden e súa esposa : El norteamericano e representante da Weeden Foundatión en españa. Ela guardesa. Trasladáronse a vivir á Guarda na súa primeira etapa. Dende o primeiro momento se puxeron en contacto con ANABAM para colaborarar economicamente nos proxectos que desenvolviamos. Así, practicamente nos últimos vinte anos desenvolvimos accións de protección fundamentalmente da píllara tanto na marxe galega como portuguesa. Ademais, a súa contribución económica tamén nos permitiu desenvolver puntualmente outros proxectos ou adquirir material. Foron nomeados Socios de Honra no ano 2010.
Comunidade de Montes de Camposancos: Colaboraron con ANABAM cedendo unha hectárea de terreo no monte trega para plantar máis de cen érbedos non proxecto denominado "Un bosque para unha bolboreta". Ademais trataron na medida do posible eliminar as árbores invasoras, exóticas e no seu lugar plantar outras máis respectuosas co patrimonio natural. Foi nomeada Socia de Honra no ano 2015.