FOTOTRAMPEO
BIODIVERSIDADE > FAUNA > FOTOTRAMPEO
INFORME DA CAMPAÑA 2023
DE ESTUDO DA PRESENZA DE XABARIL
NO MONTE TREGA-A GUARDA
MÁIS SOBRE O FOTOTRAMPEO
NO BAIXO MIÑO
Premendo na imaxe inferior
entrarás no blog de FOTOTRAMPEO.
Premendo na imaxe inferior
vas a anteriores proxectos de FOTOTRAMPEO desenvolvidos por ANABAM.
Modelo que estamos utilizando en tódolos proxectos de fototrampeo desenvolvidos por ANABAM ata agora.
O COVID non nos eixou comezar este proxecto no pasado mes de decembro, así que, se non hai contratempos, o 16 de xaneiro esperamos poder poñelo en marcha Iniciamos así unha nova tempada coa que pretendemos actualizar os datos obtidos en campañas anteriores, mais tamén centrarnos en estudos concretos e puntuais como poden ser: densidade de certas especies, por exemplo xabaril nun determinado enclave; fauna que habita nun espazo natural considerado de interese para a biodiversidade da bisbarra; etc.
ALGÚNS APUNTES DESTA NOVA CAMPAÑA:
LUGAR: por motivos de seguridade, non indicaremos as zonas concretas onde levaremos a cabo estes traballos ata finalizar o proxecto.
DURACIÓN: inicialmente marcamos un prazo de seis meses, ata finais de maio, porén, este prazo pode ser ampliado a seis meses máis se así o estimamos convinte.
EQUIPO HUMANO: está formado por voluntarios membros de ANABAM que se encargarán de colocar as cámaras e recoller a información pertinente. O equipo estará formado por un máximo de tres persoas.
MATERIAL: Utilizaremos en cada proxecto entre dúas e catro cámaras, coas seguintes características:
CÁMARAS: utilizaremos cámaras da marca Ltl Acorn 5210A.
FOTOGRAFÍA/VÍDEO: estarán activas as 24 horas do día.
INSTALACIÓN: imos ubicalas en puntos estratéxicos do lugar de traballo
elexido.
GPS: Utilizarémolo para tomar os datos da ubicación de cada cámara.
VISITAS: Cada cámara será revisada aproximadamente cada 15 días.
COMO FORMAR PARTE DO EQUIPO DE TRABALLO:
En primeiro lugar hai que ser membro de ANABAM, logo solicitar participar no proxecto, se hai prazas dispoñibles, lle será comunicado ás persoas interesadas.
PRIMEIRO PROXECTO: vaise levar a cabo no municipio da Guarda.