TRABALLOS A DESENVOLVER
ANABAM > PRACTICAS EXTERNAS UNIVERSIDADE-CICLOS FORMATIVOS
PRÁCTICAS EXTERNAS
DESTINADAS A
- Universitarios do
Master en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
-Universitarios do grao de Bioloxía.
-Ciclos de F.P: ramas relacionadas coa bioloxía.
Actualizado o 25/01/2024
Dos traballos sinalados a continuación, o titor/coordinador elixirá aqueles que, no momento de
realizar as prácticas, estime máis convinte, podendo engadir puntualmente outros, se as circunstacias do momento ou o interese, así o aconsellen.
o/ EFECTO DO PICUDO NAS PALMEIRAS DO BAIXO MIÑO:
LOCALIDADE: Concellos do Baixo Miño.
DATA: Todo o ano.
ACTIVIDADE: Comprobar os efectos do picudo vermello
(Rhynchophorus ferrugineus) sobre as palmeiras da
bisbarra.
p/ PROXECTO EURYNEBRIA
LOCALIDADE: Praias da franxa norte portuguesa.
DATA: 1 de outubro a 30 de maio.
ACTIVIDADE: Este é o insecto máis ameazado da franxa costeira.
Dende a segunda década deste século xa ten desaparecido
dalgunhas das praias próxima. Agora o retos é coñecer
onde aínda pode ser localizado e cal é a súa poboación.
q/ LONTRA:
LOCALIDADE: Esteiro do Miño.
DATA: todo o ano.
ACTIVIDADE: Observación e rexistro da actividade da lontra.
r/ FAUNA AREAIS COSTEIROS:
LOCALIDADE: Esteiro do Miño.
DATA: todo o ano.
ACTIVIDADE: Observación e rexistro das especies observadas.
s/ EFECTO TRAMPAS AVESPAS ASIÁTICAS:
LOCALIDADE: Baixo Miño.
DATA: 1 marzo a 31 outubro.
ACTIVIDADE: Estudar os efectos das diferentes trampas usadas pola poboación.
t/ ESCARAVELLOS COPRÓFAGOS
LOCALIDADE: A Valga (Oia); Alto da Groba (Baiona/Oia)
e Pinzás (Tomiño).
e Pinzás (Tomiño).
DATA: 15 abril a 15 setembro.
ACTIVIDADE: Inventario e recollida de datos dos escaravellos
presentes nos excrementos do gando presentes nas
zonas citadas, así como da súa fauna asociada.
t/ ESCRIBENTA DAS CANAVEIRAS (Emberiza schoeniclus)
LOCALIDADE: Canaveirais da Guarda, Caminha e feligresías
desta parroquia con posibilidades de presenza.
DATA: 15 abril a 15 xullo.
ACTIVIDADE: Recoller datos desta especie que se atopa en
situación crítica.
Calquera outro traballo de campo que, no momento das prácticas, sexa considerado de interese pola asociación.
a/ PROXECTO PÍLLARA/BORRELHO (Charadrius alexandrinus):
LOCALIDADE: franxa atlántica portuguesa, entre a foz do Miño
(Caminha) e a praia de Paçô (Viana do Castelo).
LONXITUDE: tramo duns 15 quilómetros.
DATA: entre o 15 de abril e o 15 dexullo.
ACTIVIDADE:- xeolocalización de niños e polos de píllara.
- Instalación de gaiolas e valado de protección.
- Seguimento e anotación da actividade dos
proxenitores e polos.
- Detectar e, se é o caso, tratar de solucionar
posibles problemas que afecten ao aniñamento
da píllara.
- Información aos usuarios da praia.
b/ NIDIFICACIÓN DE GAIVOTAS:
LOCALIDADE: núcleos urbanos da Guarda, Caminha, Moledo,
Vila Praia de Âncora.
DATA: 15 de abril a 15 de agosto.
ACTIVIDADE: - Censo de niños e pitos de gaivota patiamarela
(Larus michahellis) nas vilas anteriormente citadas.
- Problemática do aniñamento.
c/ PROXECTO COTORRA:
LOCALIDADE: A Guarda.
DATA: Todo o ano.
ACTIVIDADE: - censo de cotorras de peito gris (Myopsitta
monachus) e cotorra de Kramer
(Psittacula krameri).
- Lugares da localidade onde está presente.
- Observación e toma de datos dos seus costumes
e comportamento.
d/ PROXECTO BEMBIX:
LOCALIDADE: Praia de Camposancos, Monte Trega, Monte Terroso
(A Guarda).
DATA: do 1 de xuño ao 30 de agosto
ACTIVIDADE: observación e estudo do comportamento e nidificación
da avespa escavadora do xénero Bembix
así como da fauna asociada a ela.
e/ PROXECTO COREMA:
LOCALIDADE: piñeiral de Camarido (Caminha).
DATA: do 15 de maio ao 15 de agosto.
ACTIVIDADE: - Censo do número de exemplares presentes;
- Xeolocalización de cada exemplar; estado no que
se atopan; toma de datos; potenciais ameazas
que teñen.
f/ PROXECTO ANDORIÑA:
LOCALIDADE: Franxa galega do Baixo Miño: concellos de Tui,
Tomiño; O Rosal; A Guarda e Oia.
-Franxa portuguesa: municipios de Valença do Minho;
Vila Nova de Cerveira e Caminha (Caminha, Moledo
e Vila Nova de Cerveira).
DATA: do 1 de maio ao 30 de agosto.
ACTIVIDADE: -Censo de niños de andoriña de cu branco (Delichon
urbicum), andoriña dáurica (Cecropis daurica);
andoriña das barreiras (Riparia riparia).
-Distribución no Baixo Miño.
f/ PROXECTO FLORA AMEAZADA:
LOCALIDADE: Baixo Miño galego-portugués.
DATA: 1 de Xuño a 30 de agosto.
ACTIVIDADE: - Localización e distribución no Baixo Miño
galego-portugués das seguintes especies
papoula mariña (Glaucium flavum);
cardo dourado (Scolymus hispanicus);
Honckenya peploides; fentos arbóreos
(Dicksonia antarctica); fento do botón
(Woodwardia radicans).
- Proxecto de reintrodución na franxa litoral guardesa.
g/PENEIREIRO CINCENTO-MIÑATO QUEIMADO-CEGOÑA:
LOCALIDADE: franxa fluvial galego-portuguesa do Baixo Miño, dende
Valença-Tui ata a desembocadura.
DATA: 15 de abril ata 31 de xullo.
ACTIVIDADE: Localización, observación, toma de datos da súa
presenza e actividade.
h/ AVES ACUÁTICAS:
LOCALIDADE: franxa fluvial galego-portuguesa do Baixo Miño, dende
Valença-Tui ata a desembocadura.
DATA: 15 setembro a 15 de marzo.
ACTIVIDADE: Localización, observación, toma de datos da
presenza das diferentes especies que se desenvolven
ao longo da franxa fluvial.
i/ PROXECTO HERBA DA PAMPA:
LOCALIDADE: Concellos galegos do Baixo Miño.
DATA: Entre o 15 de agosto e o 15 de outubro.
ACTIVIDADE: - Xeolocalización de exemplares e estado.
j/LAGOA DE CALDELAS DE TUI:
LOCALIDADE: Caldelas (Tui).
DATA: 1 de xullo a 30 setembro.
ACTIVIDADE: Estudio da lagoa citada, facendo especial incidencia
ás seguintes especies: Nimphoides peltata;
Ludwigia grandiflora, ademais das características
propias da charca e da súa flora e fauna asociada.
k/ FLORA DUNAR
LOCALIDADE: Praia de Camposancos (A Guarda) e
franxa marítimo fluvial do norte portugués.
DATA: 15 de maio ao 15 de setembro.
ACTIVIDADE: Rexistro das especies dunares de flora
e a súa comparación entre as praias.
l/ PROXECTO DE FOTOTRAMPEO
LOCALIDADE: Baixo Miño.
DATA: Todo o ano.
ACTIVIDADE: Utilizando a técnica do fototrampeo, estúdanse
os diferentes mamíferos en diversas áreas do Baixo Miño.
m/ FLORA E FAUNA ASOCIADA A CERTOS REGATOS
LOCALIDADE: Baixo Miño.
DATA: 1 maio a 15 setembro.
ACTIVIDADE: Selecciónase un dos regatos da bisbarra co fin de levar
a cabo un estudo, o máis completo posible, del.
n/ ANFIBIOS
LOCALIDADE: A Valga (Oia); Alto da Groba (Baiona/Oia)
e Pinzás (Tomiño).
DATA: 1 maio a 15 setembro.
ACTIVIDADE: Inventario e recollida de datos dos anfibios presentes
nas zonas sinaladas.
ñ/ ENTOMOLOXÍA FLORÍCOLA
LOCALIDADE: Baixo Miño galego/portugués.
DATA: 1 maio a 15 setembro.
ACTIVIDADE: Inventario e recollida de datos de insectos
presentes nas flores silvestres en áreas elixidas
para tal fin.