SOLICITUDE
ANABAM > ASOCIARSE
En ANABAM traballamos para defender o patrimonio natural do Baixo Miño galego-portugués, por riba de intereses políticos, económicos ou relixiosos.
O apoio económico e/ou colaboracionista dos socios e simpatizantes, é fundamental para desenvolver con máis éxito e eficacia os obxectivos que perseguimos.
Faéndote socio, estás axudando á defensa do patrimonio natural.
Necesitamos o teu apoio para frenar o deterioro do medio ambiente e da biodiversidade.
SE ESTÁS INTERESADA/O EN FORMAR PARTE DESTA ASOCIACIÓN, QUE LEVA CASE 40 ANOS TRABALLANDO NA COMARCA GALEGO-PORTUGUESA DO BAIXO MIÑO, PODES FACELO CUBRINDO A FICHA DE SOLICITUDE DE SOCI@.
GRAZAS POLO TEU APOIO
*CLASE DE SOCIO:
SOCIO NORMAL: Socio que paga a cuota anual, recibe información da asociación e habitualmente non colabora activamente coa asociación, aínda que pode facelo sempre que o desexe.
SOCIO COLABORADOR: Aquela persoa que sendo socia e levando como mínimo un ano na asociación, participa activamente en todas ou en parte das actividades, proxectos e campañas desenvolvidos na asociación. Tamén se inclúe nesta modalidade aquelas persoas socias que participan nas xestións administrativas da asociación.
SOCIO FAMILIAR: Aquela persoa que forma parte dun nucleo familiar don que algún membro xa é socio desta entidade.
CUOTAS 2024: Por ano natural. (As persoas que se asocien nos meses de outubro, novembro e decembro, non pagan a cuota deste ano).
SOCIO NORMAL........................................................................................40 €
SOCIO FAMILIAR...........................................40 € primeiro socio, 5€ seguintes socios.
Unha vez cubras e envíes a ficha, procederemos a enviarche o
número de conta para que fagas o pago da túa cuota. Unha vez realizada a
mesma, xa se te da de alta como persoa socia de ANABAM.
Moitas grazas.
As persoas que son socias de ANABAM, poden participar en tódalas actividades que se desenvolvan na asociación. No caso de desenvolver actividades de pago, os socios terán importantes descontos, así como nas publicacións e demais produtos de responsabilidade da mesma.