PORTADA 2020
PORTADAS ANTERIORES
35 ANOS
ESTUDANDO, CONSERVANDO,
PROTEXENDO E DIVULGANDO
O PATRIMONIO NATURAL DO BAIXO MIÑO
Podes coñecer a nosa traxectoria e a nosa historia, premendo AQUÍ
P O R T A D A 2020
FOTOTRAMPEO
Un novo proxecto que desenvoveremos a partir do vindeiro mes de decembro, aberto á colaboración dos membros de ANABAM.
Máis información AQUÍ
NOVA ACTIVIDADE DE CAMPO PARA OS SOCIOS
"QUEN ESTIVO AÍ? "
Pegadas, rastros e sinais dos animais silvestres.
Traballo de investigación de campo no entorno natural do Baixo Miño destinado a membros de ANABAM que desexen colaborar nesta actividade. Remate da actividade: 10 de febreiro de 2021.
DONAN UN TERREO A ANABAM
Unha guardesa doou un terreo a ANABAM para contribuír
á conservación da natureza.
Máis información AQUÍ
SAÍDA DE CAMPO
MUÍÑO RUPESTRE?
Visitamos unha estrutura rupestre
en compañía do deportista guardés
Sergio Fernández.
Máis información AQUÍ
ACTIVIDADE DE CAMPO PARA OS SOCIOS
"DE COGOMELOS POLO BAIXO MIÑO "
Traballo de campo destinado a membros de ANABAM que desexen colaborar nesta actividade outonal
Sodes capaces de chegar ás dez especies?
PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS E DE FP
PRACTICAS EXTERNAS
en colaboración coa Universidade de Vigo
e o CEIP "A Granxa" de Ponteareas
CURSO ACADÉMICO 2020-2021
NATUREZA E AUGA
VISITAS GUIADAS VERÁN 2020
Dende o 19 de xullo arranca "Domingos de natureza e auga" con diversos percorridos polo litoral guardés
📝Información e inscricións:
Oficina de turismo 986614546
ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Máis información AQUÍ...
P U B L I C A C I Ó N S
BOLETÍN CARRIZAL, NÚMEROS PUBLICADOS 2020:
1 (maio/xuño); 2 (xullo/agosto);
3 (setembro/outubro);
4 (novembro/decembro)
Cada nº 5 € ou 25 € subscrición seis números (ano 2021).
Socios de ANABAM recíbeno gratuitamente.
PROXECTO: FAUNA SILVESTRE ATROPELADA
Pomos en marcha este proxecto para ter datos de primeira man sobre a fauna silvestre atropelada no Baixo Miño. A través do mesmo poderemos saber que especies son as máis susceptibles de sufrir atropelos, en que época do ano e as vías máis perigosas para os mesmos.
Para iso imos precisar que nos botes unha man. Se queres máis información preme AQUÍ.
Jose Arcas, biólogo, anelador, ilustrador, colaborador de ANABAM no anelamento da píllara no Proxecto Borrelho, quere botarnos novamente unha man coa venda destas catro estupendas láminas relacionadas, precisamente, con esa ave. Doará o 50% ao mencionado proxecto. As persoas interesadas poden poñerse en contacto con el, premendo AQUÍ, enviando por Messenger ou Whatsapp unha mensaxe.
ACTIVIDADES PREVISTAS PARA MAIO/XUÑO 2020
Debido ás restriccións impostas polas normas para evitar os
efectos do COVID-19, as actividades desenvolvidas por ANABAM
quedan suprimidas ata novo aviso, agás as que se especifican a
seguir que, dentro das posibilidades, tratarán de levarse a cabo
ata onde sexa posible.
MAIO-XUÑO: CENSO NIÑOS E POLOS DE GAIVOTA:
A Guarda
Actividade aberta á colaboración cidadá
MAIO-XUÑO: PROXECTO PÍLLARA/PROJETO BORRELHO
Praias de Camposancos e norte portugués.
Actividade aberta a voluntariado
PROXECTO LARUS
Temos en marcha, un ano máis, o PROXECTO LARUS, un traballo de campo co que recollemos información da nidificación de gaivotas principalmente no municipio da Guarda, aínda que aberto a datos doutros concellos do Baixo Miño. Máis info..........premer AQUÍ
"Marcas e siglas dos mariñeiros da Guarda"
xa nos seguintes establecementos da Guarda:
Altamar; Atlántica; Cervantes; Copisterium; Ideas e Ler.
Máis información: AQUÍ
BOLETÍN "CARRIZAL"
Temos de novo na rúa o boletín CARRIZAL, na súa segunda etapa. Mesmo formato pero con máis páxinas. Cada 2 meses sairá un número con amplo contido. 40 páxinas a toda cor no que se abordan diferentes temas relacionados coa natureza, medio ambiente, etnografía, historia, etc do Baixo Miño galego-portugués.
Cada nº 3,50 € ou 18 € subscrición seis números.
Socios de ANABAM recíbeno gratuitamente.
RECOLLIDA DATOS AVES MARIÑAS PETROLEADAS OU FERIDAS: Unha das actividades desenvolvidas en ANABAM dende sempre. Pódese colaborar encviando información das aves observadas na costa baixomiñota.
Máis información......AQUÍ
ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO: Un programa no que estamos recollendo información das cinco especies de andoriñas que podemos ver no Baixo Miño.
Máis información......AQUÍ
PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS E FORMACIÓN PROFESIONAL: Asinado convenio coas Universidade galegas e o CIFP "A Granxa" de Ponteareas para a realización de prácticas en ANABAM.
Máis información......AQUÍ
A NOSA HISTORIA: Con motivo do aniversario, imos lembrando parte da historia desta asociación cos feitos máis salientables producidos ao longo destes 35 anos......premer AQUÍ
PLAN PROCORE-2020: Un avance do que pretendemos desenvolver ao longo deste ano 2020 para enriquecer a nosa biodiversidade.....premer AQUÍ
CONCELLO
DA GUARDA*
UNIVERSIDADE
DE VIGO
*Esta páxina web conta co apoio económico do Concello da Guarda a través do
Convenio regulador da subvención outorgada a esta asociación no exercicio 2019.