ACTIVIDADES PREVISTAS OU REALIZADAS
EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES > ACTIVIDADES PARA SOCIAS E SOCIOS
ACTIVIDADE: QUEN ESTIVO AÍ?
Ata o 10 de febreiro de 2021
Eres socia ou socio de ANABAM?
Queres participar nunha nova actividade?
Cantas PEGADAS, RASTROS E/OU SINAIS dos animais silvestres eres capaz de atopar no entorno baixomiñoto?
Nos teus desprazamentos polo monte, praia, sendeiros..., seguramente verás unha boa morea de signos que te permiten saber que por alí hai vida silvestre. Con esta actividade pretendemos, tamén, motivarte para que prestes atención ao entorno polo que vas e que saibas, que polo xeral... non estás só.
COMO PARTICIPAR NESTE RETO:
1/ Tirar polo menos dúas fotografías con suficiente nitidez, poñendo unha referencia ao lado que pode ser unha moeda:
a/ Unha cenital, é dicir, dende arriba, perpendicularmente.
b/ Outra lateral.
(Logo podes tiar esas mesmas fotografías sen a referencia).
2/ Tratar de identificar a quen pertence o rastro, a pegada ou o sinal que fotografiaches (se non eres quen de identificar, trataremos de facelo nós e senón, enviaremos a fotografía a algún grupo que poida identificala si é posible).
3/ Poñer a localización o máis exacta posible (Google maps, coordenadas).
Úneste ao reto?
EXEMPLO:
AUTOR: Agustín Ferreira Lorenzo
ESPECIE: Excremento de xabaril (Sus scrofa).
LUGAR: Piñeiral da praia de Camposancos (A Guarda)
COORDENADAS: 41.874918, -8,866637
DATA:12/06/2013
ACTIVIDADE FINALIZADA
ACTIVIDADE A DESENVOLVER DENDE OUTUBRO A MEDIADOS DE DECEMBRO:
Para este outono temos unha actividade de campo a desenvolver dende outubro a mediados de decembro que demos en chamar: DE COGOMELOS POLO BAIXO MIÑO.
Está destinada aos membros de ANABAM que desexen colaborar neste traballo de campo.
A ACTIVIDADE:
Trátase de que cada membro de ANABAM fotografíe as setas que atope nos seus percorridos campestres pola nosa bisbarra, tirando dúas ou tres fotos, en diferentes vistas, de cada cogomelo. O seguinte paso é que as identifique se é posible. Finalmente que tome as coordenadas do SIXPAC (mellor coordenadas UTM) e faga un corte e pega do mesmo SIXPAC ou de google maps.
Para os que teñan gañas de profundizar no tema, tamén poden facer unha breve descrición das características, tanto do fungo como do entorno no que se observou.
Expoñemos a continuación algún exemplo, aínda que cada quen pode facer como o desexe.
Ten que ser deste ano 2020.
Calquera dúbida ou aclaración, dirixirse a ANABAM, admítense suxerencias para mellorar este traballo. Unha vez rematado, publicaremos os datos tanto nesta web como na revista CARRIZAL.
DATA | ESPECIE | LUGAR | UTM: X | UTM:Y |
18/XI/2012 | Cordyceps militaris | A Valga (Oia) | 511.933 | 4.647.883 |
DATA | ESPECIE | LUGAR | UTM: X | UTM:Y |
21/X/2008 | Sparassis crispa (Repolo do monte) | Piñeiral praia de camposancos. A Guarda | 510.837 | 4.635.929 |
Cogomelo que ten certa semellanza cun repolo.
Observado ao pé dun piñeiro, en terreo areoso.