IMOS DAR A LATA - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

IMOS DAR A LATA

ANABAM > SOBRE NÓS
1997
ANABAM ENTIDADE CONSERVACIONISTA
PIONEIRA NA RECOLLIDA DE LATAS
Antón Ferreira foi o artífice e coordinador da campaña "Hoxe todos imos dar a lata" desenvolvida por ANABAM no ano 1997 para recadar fondos con destino á construción dunha planta potabilizadora en Etiopía.

"HOXE TODOS IMOS DAR A LATA"


     No ano 1997, ANABAM iniciaba unha campaña de recollida de latas, trala proposta dun dos seus membros activos e coordinador desta campaña na asociación, Antón Ferreira. Sumábamos, deste xeito, a unha campaña estatal promovida pola empresa IVECO en colaboración con UNICEF. Éramos, na comunidade autónoma galega, os pioneiros na recuperación deste tipo de recipientes.
    A empresa IVECO xunto con UNICEF, encargadas de recoller os recipientes, ían destiñar os fondos obtidos á construción dunha planta potabilizadora  de auga en ETIOPÍA, un país do corno de África que, xunto con Somalia e Kenia, na mesma rexión, estaban entre os países máis pobres do mundo.
     
    A campaña promovida por ANABAM, contou coa colaboración dos alumnos e profesorados dos seguintes centros de ensino da Guarda: alumnos de 3º A do colexio de I.E.P. de A Sangriña e da súa mestra María del Carmen;  alumnos de 6º curso do Colexio dos PP. Somascos e do Padre José Antonio Nieto. Ademais sumáronse a este proxecto a cafetería que había no Centro Cultural e Radio Tui que difundiu a campaña así como a televisión local Canal-50. A campaña, tivo ampla repercusión a través dos medios de comunicación escritos galegos e, mesmo, do estado: Faro de Vigo; Atlántico; La Voz de Galicia, El Mundo; Radio Galega, etc. Numerosas persoas sumáronse a esta iniciativa depositando as súas bolsas cheas de latas no local da nosa asociación.

   A pesares de que a campaña durou tan só unha semana, foi un rotundo éxito xa que tivemos que habilitar varios contenedores ao superar con creces as previsións iniciais que eran a de encher un contenedor.
  
 
Regreso al contenido