RESUMO CAMPAÑA BORRELHO 2019 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

RESUMO CAMPAÑA BORRELHO 2019

COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA > PROXECTOS > PROJETO BORRELHO > PROXECTO BORRELHO 2019
Foto: Juan Hermida
Texto:        Agustín Ferreira Lorenzo
Corrección: Jesús Iglesias               
Manuel A. Pombal Diego

16/decembro/2019
TÁBOA RESUMO

Fila superior de cada cadro:datos 2019
Fila inferior de cada cadro: datos 2018

Cadro Total: O signo (+) (-) fai referencia ao aumento ou diminución con respecto ao ano 2018.

    Dadas as condicións que temos neste proxecto, non nos é posible coñecer o dato preciso de polos voadores, agardando obter información futura sobre os polos anelados.

Completado fai referencia aos niños onde nacera, polo menos 1 polo.

Estragados: pode ser por diferentes causas: naturais (mareas, depredadores); amtrópicas (limpeza mecánica, cans...); abandoados ou causas descoñecidas.

    Da análise da táboa adxunta pode apreciarse que os resultado acadados son lixeiramente superiores aos do ano apasado.

CAMARIDO
MOLEDO
ÂNCORA
AFIFE
ARDA
PAÇÔ
TOTAL
Niños observados
1
1
12
18
23
15
4
2
7
4
7
8
54 (+6)
48
Niños completados
1
0
4
9
12
10
3
2
7
0
4
4
31 (+6)
25
Niños estragados
0
1
8
9
11
5
1
0
0
4
3
4
23  (0)
23
Ovos
3
3
27
47
53
44
9
6
18
8
15
22
125 (-2)
127
Ovos estragados
0
3
17
22
19
14
?
1
1
8
6
10
43  (-12)
55
Nacementos
3
3
10
25
34
30
9
5
17
0
9
12
82  (+7)
75
Polos anelados
2
0
2
7
15
12
6
4
13
0
6
9
44  (+12)
32
Responsable ANABAM:
    Agustín Ferreira Lorenzo
Coordinador do Proxecto:
    Jesús Iglesias
Co-coordinador:
    Noé Ferreira Rodríguez
Bióloga:
    Estíbaliz Arbaizar
Aneladores:
    Jose Arcas
    Marta Robles
Grupo de Traballo de ANABAM:
    Carlos Angílica Entenza
    Luis Dorado Senra
    Mª Consuelo González de Dios
 

   

Voluntariado:
Leire Arcas
Martín Arcas
Susana Cabo
Ángeles Fernández (socia ANABAM)
Sandra Gardini
Juan Hermida
Gonzalo Mucientes
Laura Riesco
Jaime Sáiz
Javier Torres Davila
Araceli Ozores (socia ANABAM)
Belén Rodríguez
Diego Rodríguez
César Romero

Álex
Carlos
Carmen
Conchi
Iria
Jorge
Jose A.
Marcos
Marta
Meritxel
Patricia
Paula
Ramón
Sara.  

(Non aparecen os apelidos porque neste momento descoñecémolos)
Foto: Suso Iglesias
Foto: Agustín Ferreira
IMPACTOS NEGATIVOS SOBRE OS BORRELHOS

    Durante a campaña de protección, detectamos catro tipos de impactos negativos, de orixe antrópico, sobre a nidificación dos borrelhos: o primeiro impacto estivo ocasionado pola presenza de cans (persiguen adultos, estragan ovos, e persiguen, pisan ou traban os polos...), xa que é habitual ver un bo número deles ceibes pola praia, isto supón, ademais, un estrés para a píllara, tanto no que respecta aos adultos como aos polos. En segundo lugar, a limpeza mecánica da praia que non afectou, obviamente, aos niños protexidos pero si a algunha que non estivese aínda protexida no momento no que a limpezaba iniciaba a súa xornada de traballo. En terceiro lugar está a presenza dos usuarios da praia, quéirase ou non, afecta negativamente á reprodución. En cuarto lugar, certos vehículos que habitualmente se moven por algunha das praias, concretamente o dos socorristas.

    En canto aos impactos naturais podemos sinalar aos raposos, que nalgúns casos foron suficientemente mañosos como para chegar aos ovos a base de escarvar, isto aconteceo primordialmente na praia de Moledo. É probable que nalgunha ocasión tamén ratas e lagartos poidesen estar "interesados" nos ovos pois teñen máis doado o acceso ao interior das gaiolas,  "obrigando" aos proxenitores a abandonar as postas. Finalmente as mareas vivas tamén afectaron nalgunha ocasión a algunha das postas que se atopaban máis próximas a liña de marea.
   En definitiva, na tempada déronse abandonos parentais de niños en diferentes momentos da incubación e estes abandonos poden estar relacionados cos impactos antrópicos e/ou naturais.

     Temos que salientar que nalgúns casos foron abandonados os niños, ben porque só se realizou a posta dun único ovo, tal vez por algún motivo externo non seguiron poñendo, ou ben por outras causas descoñecidas, algunhas delas mesmo puideran estar estar relacionadas co exposto máis arriba.
Foto: Agustín Ferreira
Lonxitude: 13 quilómetros

Municipios:
         Caminha: feligresías de Moledo e Vila Praia de Âncora
         Viana do Castelo: feligresías de Afife e Carreço.

Praias:
         Caminha: A Foz, Camarido, Moledo, Vila Praia de Âncora, Gelfa e Insua.
         Viana do Castelo: Afife, Arda e Forte de Paçô.

Morfoloxía: na maior parte areais con pequenos tramos de rochedos e seixos.
Area: de grao fino
Incidencias: con respecto a fai tres ou catro anos, a praia ten diminuído moito no que a anchura se refire. Tamén agora, as mareas chegan con facilidade ao pe das dunas debido á diminución en altura da praia o que conleva que xa non haxa tanta superficie onde poidan asentarse os niños.


Foto: Juan Hermida

     Como xa temos referido noutras ocasións, ANABAM foi pioneira en Portugal na protección do borrelho-de-coleira-interrompida. Participando e colborando anos despois o CMIA (Centro de Monitorizaçao e Interpretaçao Ambiental de Viana do Castelo). A nosa actividade na outra parte do Miño deu comezo no ano 2011, primeiro nas praias da Foz, Moledo e Vila Praia de Âncora, continuando máis tarde ata a praia do Forte do Cao (Paçô).

   Neste ano 2019 continuamos desenvolvendo o mesmo proxecto que no pasado ano. Comezamos no mes de abril e rematamos a primeiros de agosto. A maior parte da carga de traballo do proxecto foi realizada por unha bióloga contratada por ANABAM, Estibaliz Arbaizar, que levou a cabo as tarefas do proxecto en xornadas de cinco horas diarias, de luns a venres, maioritariamente de mañá. Máis alá dese horario, participou tamén en actividades de anelamento ou de voluntariado en sábados, domingos e festivos. Queremos agradecerlle publicamente o seu esforzo, enerxía e tesón.. Nin que dicir ten, que o noso agradecemento faise extensible a todas esas persoas, preto de corenta, que ao longo de toda a tempada dedicaron parte do seu tempo libre, ademais de xeito altruista, a tratar de conseguir que o borrelho puidera reproducirse nas mellores condicións posibles nas praias do norte portugués.

  
Foto: Juan Hermida
Contamos co apoio das capitanías marítimas dos portos de Viana do Castelo e de Caminha.

  Un ano máis, os nosos colegas do CMIA (Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental) puxeron tamén en marcha, o Projeto Borrelho nas praias de Viana do Castelo, protexendo varios niños, divulgando o proxecto e realizando labores de educación ambiental relacionados co mesmo.

  A nivel económico, este ano iniciamos unha campaña de apadriñamento de niños no que participou unha persoa residente en Madrid (Javier García Ibáñez) apadriñando tres niños. Ademais, varios voluntarios (Luis Dorado; Juan Hermida, Laura Riesco, Javier Torres ) renunciaron a cobrar os gastos de combustible doando as cantidades que lles corresponderían ao proxecto.


Foto: Agustín Ferreira

    Nesta tempada 2019, algo máis do 50% dos polos que chegaron nacer foron anelados (véxase a táboa superior). Agardamos recibir pronto información de avistamentos destes borrelhos anelados, o que nos axudará a comprender mellor o comportamento e movementos desta especie, e poder así colaborar en que aumenten as súas posibilidades de supervivencia no Norte de Portugal e Galicia



Foto: Agustín Ferreira


GASTOS


     Levar adiante este proxecto supuxo un gasto importante para unha entidade como ANABAM. En total os gastos ascenderon a 4.875 euros repartidos entre os seguintes conceptos:
    Contrato bióloga..... 2.188 €
    Desprazamentos..... 1.400 €
    Seguridade Social...   713 €
    Anelas.....................   154 €
    Material.......................106 €
    Xestoría...................... 194€
    Varios......................... 120 €

           TOTAL...........4.875 €

Foto: Luis Dorado
ANELAMENTO DE POLOS

    No ano 2018 anelamos os polos con aneis vermello (pata dereita) e azul (pata esquerda). Fotografía da esquerda.

    Neste ano 2019, tivemos que cambiar as cores: pata dereita segue sendo vermello, pero na pata esquerda pasamos á cor branca. Fotografía da dereita.

   O anelamento está supervisado por un coordinador europeo.
Foto: Agustín Ferreira
Foto: Agustín Ferreira
Coa colaboración de
Concello
da Guarda
Capitanía do
Porto de Caminha
Capitanía do
Porto de Viana do castelo

CEMIA
(Centro de Monitorização
e Interpretação Ambiental)

Regreso al contenido