Episyrphus balteatus
BIODIVERSIDADE > FAUNA > INFORMACIÓN DE:
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
02-XII-2013
Autor de la fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Philum: ARTHROPODA
Clase: INSECTA
Orden: DÍPTERA
Familia: SYRPHIDAE
Genero: Episyrphus
Especie: E. balteatus
Nombre común:
Tipo de animal: Insecto voador
Municipio: A Guarda
Parroquia: Camposancos
Lugar: Baixada á praia de Camposancos, sobre ireira (Hedera helix)
Estación: Verán; Outono
Distribución no Baixo Miño:
Estamos diante doutro dos sírfidos que se poden ver no Baixo Miño, das varias especies que temos nesta comarca. Este, ao igual que outros, adoitan visitar as ireiras (hedras). Podemos velo durante bastantes meses do ano, sempre que o día sexa soleado e caluroso, polo que, mesmo nos meses de outono e inverno, nas horas centrais dos días despexados e calurosos, temos moitas posibilidades de apreciar estes dípteros con traxe de avespa.
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo. 03/XI/2013. Baixada praia Muíño. Camposancos. A Guarda.
As fotografías que aquí presentamos corresponden a E balteatus observados en pleno outono, horas centrais, dúas da tarde, na que o sol quentaba suficientemente ben para que unha morea de diferentes especies de insectos revoloteasen sobre as ireiras na procura do saboroso néctar.
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo. 03/XI/2013. Baixada praia Muíño. Camposancos. A Guarda.