Volucella zonaria - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Volucella zonaria

BIODIVERSIDADE > FAUNA > INFORMACIÓN DE:
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
02-XI-2014

Autor de la fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo
Philum: ARTHROPODA
Clase: INSECTA
Orden: DÍPTERA
Familia: SYRPHIDAE
Genero: Volucella
Especie: V. zonaria


Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
Primeira observación: 27-10-2014
Observador: Agustín Ferreira Lorenzo
Condicións climáticas: Temperatura alta, soleado.
Municipio: A Guarda
Parroquia: Camposancos
Lugar:  Muro de finca na estrada de Camposancos, sobre ireira (Hedera helix), xunto con outras especies de dípteros.
UTM ED50: X: 511.021   Y: 4.636.548
Primeira cita para o Baixo Miño: 02-11-2014 (Páxina web de ANABAM).

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam


    A floración das hedras (ireiras en "guardés") agora en outubro, fae que centos de insectos, sobre todo dípteros e, en menor medida, himenópteros, acudan a elas para alimentarse. Dado que varias avespas asiáticas acudían a un determinado muro onde había hedras, decidimos achegarnos ao mesmo para realizar observacións das mesmas. Puidemos ver que máis dunha ducia de especies diferentes de dípteros pululaban neste muro. E iso permitiunos descubrir un grande insecto alado, de cores chamativas, que era imposible que pasase desapercibido. Así que aproveitamos para sacar un bo número de fotografías. Xa, unha vez de volta na casa, tratamos de indagar e coñecer máis polo miúdo sobre o insecto observado. Logo das convenientes pesquisas, demos coa especie en cuestión: trátase da Volucella.
     É un dos maiores sírfidos europeos, dende logo, e mentres non atopemos outro, é o maior sírfido do Baixo Miño. A súa lonxitude anda polos 25 mm e a súa envergadura é duns 40 mm. Ata o de agora non temos coñecemento de que estea citado na comarca do Baixo Miño, polo que, de ser así, esta sería a primeira cita da especie.
    Como podemos apreciar na fotografía, presenta mimetismo batesiano, ou sexa, toma a apariencia doutro insecto perigoso, neste caso dunha avespa, pero é totalmente inofensivo, vulgarmente sería unha mosca de tamaño grande.

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

    
   Existen dúas volucellas moi semellantes, a V. zonaria e a V inanis, pero un dos caracteres que distinguen ás dúas especies é que, a primeira, a que nós observamos, ten a parte inferior do segundo terguito de cor negra (véxase a frecha na imaxe da esquerda), mentras que a V. inanis tenno amarelo, imaxe inferior.

Fotografía superior: www.esacademic.com
    Soamente observamos un individuo, que é o que aparece na fotografía da esquerda, trátase dunha femia, distinguible dos machos pola separación dos ollos na parte superior da mesma. Os ollos dos machos non teñen esa separación, fotografía inferior.

Foto esquerda: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam



Macho
(Foto: Steve Mackay. www.juzaphoto.com)


Regreso al contenido