OFERTA DE EMPREGO 2023
EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
						PROXECTO BORRELHO
NAS PRAIAS DO NORTE PORTUGUÉS
								 
						 
						Descrición do emprego
            ANABAM convoca unha praza ao abeiro do Projeto Borrelho 2023 (seguimento da poboación e protección de niños borrelho-de-coleira interrompida (Charadrius alexandrinus Linnaeus, 1758) nas praias do norte portugués, entre a Foz do Miño (Caminha) e a praia do forte de Paçô (Viana do Castelo), tramo costeiro de, aproximadamente, 13 quilómetros de lonxitude.
           A persoa contratada encargarase de detectar os niños de borrelho nas praias obxecto do proxecto, a protección dos mesmos co material subministrado pola asociación, realizar un seguimento dos niños, recoller o material no local de ANABAM e transportalo ata o lugar obxecto de protección, e desenvolver cantas accións sexan necesarias para conseguir o maior éxito posible da nidificación. Non se descarta algunha colaboración con colegas doutras praias.
  SELECCIÓN PERSOAL
      A selección do persoal rexerase de acordo ao seguinte baremo:
     1/ Biólogos, membros de ANABAM, que xa participaran con anterioridade no proxecto citado: 5 puntos.
      2/ Persoas con ciclo formativo relacionado co M.A. e sexan membros de ANABAM, que xa colaboraran anteriormente no proxecto: 4,5 puntos.
        3/ Outros membros de ANABAM que teñan colaborado co proxecto: 4 puntos.
    4/Biólogos ou persoas con ciclo formativo relacionado co M.A. que fixeran as prácticas en ANABAM e non son membros desta asociación: 3,5 e 3 puntos respectivamente.
     5/Demais persoas: 2,5 puntos.
      Entrevista coa persoa inicialmente seleccionada, onde se terá en conta:
Capacidade de traballo individual e en equipo.
    Capacidade de auto-organización. 
   Capacidade de transmitir coñecementos oralmente. 
   Persoa proactiva e responsable.
Coñecemento do proxecto borrelho así como as características fundamentais desta ave e da súa presenza en Galiza e norte portugués.
  Condicións
  Contrato de 2 meses (do 1 de maio ao 30 de xuño).
  Xornada parcial, 4 horas diarias; 5 días á semana (de luns a venres).
Soldo neto: 570 € +Seguridade Social
Suplemento desprazamento: 175 €
  Horario: normalmente de mañá, entre as 9:30 e as 13:30 horas.
Posibilidade de variación da xornada en función da carga de traballo e das necesidades puntuais do proxecto.
Dispoñibilidade para realizar seminarios, obradoiros de voluntariado e charlas de educación ambiental coa cidadanía. 
  Indispensable dispor de vehículo. 
    Área de traballo
   Será principalmente no norte de Portugal, na franxa atlántica entre a Praia da Foz (Caminha) e a praia de Paçô (Viana do Castelo), tramo duns 13 quilómetros de lonxitude. A persoa contratada responsabilizarase da redacción de informes semanais e do informe final do proxecto.
  Solicitude
   Dirixirase por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com) ata o día 23 de abril de 2023, ás 23:59 h, acompañada do CV e carta de motivación.
   
						 
						     Ir a: PROJETO BORRELHO
     Ir a: PROJETO BORRELHO 2019
    Ir a: PROJETO BORRELHO 2011
    Ir a: PROJETO BORRELHO 2012
								