CURSOS MALACOLOXIA 4 MAIO 2019 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

CURSOS MALACOLOXIA 4 MAIO 2019

EDUCACIÓN AMBIENTAL E VISITAS GUIADAS

CURSO  BÁSICO  DE  MALACOLOXÍA

Impartido pola SECCIÓN MALACOLÓXICA "Emilio Rolán Mosquera"



AQUÍ TEMOS O AGASALLO PARA
A PERSOA GAÑADORA DO SORTEO


    A magnífica publicación "Moluscos y conchas marinas de Canarias", moitas delas presentes tamén nas costas galegas. Obra coordinada polo experto en malacoloxía Emilio Rolán Mosquera, na que interviron, ademais del, outros catro malacólogos. Tomo de tapas duras e máis de 700 páxinas con fotografías a cor.


SORTEO DUN AGASALLO SORPRESA ENTRE OS PARTICIPANTES DO CURSO DE MALACOLOXÍA:

PRAZO DE ENVÍO: Ata o xoves 9 de maio incluído.

DATO PARA COÑECER O GAÑADOR E O PREMIO: Sábado 11 de maio

    Se participaches na actividade do CURSO DE MALACOLOXÍA, do sábado 4 de maio, podes participar neste sorteo. Para iso tes que responder correctamente a CINCO CUESTIÓNS das que van a continuación.



















      Sabías que se te fas MEMBRO de ANABAM estarás contribuíndo a cousas tan marabillosas como

Protexer a píllara das dunas/borrelho?
Recuperar a flora extinta no Baixo Miño?
Recoller información da fauna da bisbarra baixomiñota?
Traballar na divulgación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico?
Anelamento de polos de píllara/borrelho nacidos nas praias dos arredores?
Eliminar especies invasoras?
Limpeza de espazos naturais?
Cursos de divulgación de flora e fauna...?

E todo isto por 30 €/ano, ou sexa... menos dun euro por semana.

Pero ademais tamén podes botar unha man facéndote

A NATUREZA DEPENDE DE NÓS... AXUDÉMOLA!!!

Para máis información preme nos enlaces en azul




-
PRAZAS  CUBERTAS

    Debido á demanda habida, decidimos ampliar o número de prazas de 15 a 25. Xa quedaron cubertas así que, sentímolo pola xente que quedou fóra, pero non vos preocupedes que máis adiante voltaremos facer outro coa mesma temática.
MATERIAL

    Aínda que non é indispensable, se podedes traer o seguinte material, moito mellor, xa que facilitará a realización desta actividade.

   Pinzas.
    Lapis.
   Libretiña para anotacións.
    Recipiente pequeno.

     Se tedes cámara de fotos non estaría mal que aproveitaras para sacar algunhas instantáneas. Senón tamén tedes o móbil aínda que as cunchas pequeneiras... vai ser difícil con el.

Vémonos o día 4 de maio
ás 9:45 EN PUNTO
na Depuradora da Guarda (EDAR)

Actividade organizada pola  "SECCIÓN MALACOLÓXICA "EMILIO ROLÁN MOSQUERA" de ANABAM

     Con este curso básico dirixido á poboación en xeral, pretendemos dar a coñecer os diferentes moluscos que habitan na franxa intermareal da costa do Baixo Miño, que case é o mesmo que dicir, da costa galega.

     Para conseguir o máximo resultado, aproveitaremos a marea baixa, veremos como se distribúen nunha franxa perpendicular á costa os diferentes moluscos, cales son os máis abondosos, coñecer cada especie, etc.

Á dereita a guía que será entregada aos asistentes ao curso.



CURSO BÁSICO DE INTRODUCIÓN Á MALACOLOXÍA

LUGAR: Costa sur da Guarda
DÍA: Sábado 4 de maio de 2019
HORA INICIO: 9:45 horas (prégase PUNTUALIDADE, xa que esta actividade depende da marea baixa).
HORA REMATE: 14.00 horas aproximadamente.
PUNTO DE ENCONTRO: Depuradora da Guarda.
PREZO: Actividade gratuíta.
INSCRIPCIÓN: Obrigatoria por:
                   WhassApp: 61 61 80 557
                   Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
Nº DE PRAZAS: Limitadas, máximo 15.

MATERIAL QUE SE ENTREGA: Unha guía das cunchas do Baixo Miño, editada por ANABAM.
                   



Regreso al contenido