AVES RAPINA NOCTURNAS
EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
DÍA: Venres, 19 novembro, 2021.
HORA: 21:00 horas.
NECESARIA INSCRIPCIÓN PREVIA: Whatsapp 61 61 80 557
Correo electrónico anabam.anabam@gmail.com
Messenger
PRAZAS LIMITADAS
DATA TOPE INSCRIPCIÓN: Ata completar as prazas.
PUNTO DE ENCONTRO: Alameda de A Guarda.
NOTA: é preciso tomar as medidas pertinentes contra a COVID.
Debido a época na que estamos, será preciso roupa de abrigo.
A ACTIVIDADE: Consiste en detectar, por medios externos, principalmente audios,
a presenza de aves de rapina nocturnas para coñecer a área de
distribución das mesmas.
AVES NOSCTURNAS DO BAIXO MIÑO: en principio, na bisbarra temos confirmadas cinco especies seguras, unha posible (teoricamente detectada por ANABAM entre os anos 1987-1992, durante os traballos de campo do Atlas de Vertebrados terrestres do Baixo Miño), e unha que en teoría foi cazada nun monte do Baixo Miño:
-Moucho de orellas (Otus scops)..................... estival
-Moucho común (Athene noctua).................... sedentaria
-Curuxa das xunqueiras (Asio flammeus)..... invernante
-Curuxa común (Tyto alba)............................... sedentaria
-Bufo pequeno (Asio otus)............................... posible presenza
-Avelaiona (Stix aluco)..................................... sedentaria
-Bufo real (Bubo bubo)..................................... Presenza actual descoñecida
:
PUNTO DE ENCONTRO: ás nove da noite reunirémonos na alameda da Guarda.
:
PRIMEIRO PUNTO DE DETECCIÓN: Dirixirémonos cara a CASA FORESTAL DA COMUNIDADE DE MONTES DE SALCIDOS, dende onde nos desprazaremos uns 200 metros para facer a primeira detección.
Estaremos arredor dunha hora na zona, podendo a outro punto próximo desa zona.
SEGUNDO PUNTO DE DETECCIÓN: Finalmente, dirixirémonos cara á CASA FORESTAL DE OIA, pola estrada A Guarda-Oia.
Faremos o mesmo que no primeiro punto.