PROXECTOS PRIMAVERA-VERAN 2020
EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
SE DESEXAS COLABORAR NALGÚN DOS SEGUINTES PROXECTOS
PULSA NO ENLACE PARA IR A FICHA DE COLABORACIÓN......AQUÍ
Lugar: Praias do norte portugués, dende Camiña (Praia da Foz) ata Carreço (Praia do Forte). Un tramo costeiro duns 15 quilómetros de lonxitude.
Interese: Constitúe unha das principais áreas de nidificación do borrelho-de-coleira-interrompida (Píllara das dunas) (Charadrius alexandrinus).
En que consiste o proxecto: prospección das praias na procura de niños de borrelho. Colocación de medidas de protección e información (gaiolas, cinta perimetral, carteis); observación das parellas de borrelho e anotación de datos; dar información de primeira man aos usuarios da praia; levar a cabo o seguimento da nidificación.
Cando se inicia o proxecto: Entre finais de marzo e mediados de abril.
Cando remata o proxecto: A finais do mes de xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren traballar neste proxecto elixindo os días e horas que estimen oportuno. No caso de non ter experiencia no mesmo, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación.
*Co apoio económico do Concello da Guarda.
PROXECTO LARUS:
Lugar: Preferentemente núcleo urbano da Guarda, sen descartar que se iniciara tamén este proxecto nos núcleos urbanos de Caminha, Vila Praia de Àncora ou Moledo.
Interese: Dende finais do século pasado, principios deste, as gaivotas patiamarelas (Larus michaellis), veñen aniñando no núcleo urbano da Guarda, o proxecto pretende coñecer cantas parellas son as que nidifican neste concello.
En que consiste o proxecto: Consisten en observar os tellados do núcleo guardés, para iso hai diversos puntos nos que permiten unha doada observación dos mesmos e anotar primeiro os niños existentes e posteriormente o número de polos. Tamén a localización (tellado) de cada niño. Utilizaremos para iso fotografías aéreas (Sixpac ou Google maps).
Cando se inicia o proxecto: Entre finais de marzo e mediados de abril.
Cando remata o proxecto: A mediados/finais de xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren censar. No caso de non ter experiencia, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación.
*Co apoio económico do Concello da Guarda.
PROXECTO ANDORIÑA:
Lugar: Preferentemente no núcleo urbano de Tui e nos municipios de Valença, Vila Nova de Cerveira, Caminha, Moledo e Vila Praia de Âncora.
Interese: Este proxecto vai centrado na nidificación das andoriñas de cu branco (Delichon urbica), unha especie que está diminuíndo alarmantemente debido á destrución dos niños.
En que consiste o proxecto: Percorreranse as poboacións sinaladas anotando tanto o número de niños como a localización dos mesmos, para iso aproveitaremos o Google maps.
Cando se inicia o proxecto: Entre finais de marzo e mediados de abril.
Cando remata o proxecto: A mediados/finais de xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren colaborar. No caso de non ter experiencia, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación.
*Co apoio económico do Concello da Guarda.
PROXECTO BEMBIX:
Lugar:Praia de Camposancos. monte Terroso e outros posibles lugares que se estime convinte.
Interese: A avespa Bembix é un himenóptero que constrúe os seus niños en buracos escavadas por ela mesma. Trátase de facer un seguimento para coñecer cales son as principais présas que transporta, cal é o momento de máxima actividade, etc.
En que consiste o proxecto: Trátase de recoller información de campo das avespas escavadoras relacionadas coa avespa Bembix.
Cando se inicia o proxecto: A mediados de maio.
Cando remata o proxecto: A mediados/finais de xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren colaborar. No caso de non ter experiencia, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación
PROXECTO CAMARIÑA:
Lugar:Piñeiral da Mata Nacional de Camarido (Caminha).
Interese: A camariña (Corema album) é unha especie que está en regresión. No norte de Portugal a Mata de Camarido é o único lugar de presenza desta especie.
En que consiste o proxecto: Percorrer a citada Mata e xeorreferenciar cada pe de Camariña.
Cando se inicia o proxecto: A partir de Abril.
Cando remata o proxecto: A finais de Xullo.
Voluntariado: as persoas voluntarias deciden cando queren colaborar. No caso de non ter experiencia, persoal de ANABAM se encarga de dar a necesaria preparación