XUNTANZA ECOLOXISTA NA GUARDA - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

XUNTANZA ECOLOXISTA NA GUARDA

ANABAM > SOBRE NÓS
Texto e fotografías: Agustín Ferreira Lorenzo

1989

O ECOLOXISMO GALEGO
REÚNESE NA GUARDA

     O boom do ecoloxismo galego acontecería entre mediados das décadas dos oitenta e noventa.  Por aquel entón, había en Galicia máis de medio cento de grupos ecoloxistas e naturalistas. Cada ano, unha ou dúas veces, a maior parte dos grupos reuníanse nun pobo ou cidade determinados, fundamentalmente onde había algún tipo de conflicto ambiental, para intercambiar opinións, manter un contacto presencial entre as diferentes asociacións e apoiar, nese encontro, a loita contra as agresións ambientais e, particularmente, a que se mantiña no lugar da concentración. Estas xuntanzas eran de dous días, normalmente en fin de semana ou nalgún puente festivo. A alma mater que conseguía esta unidade era Roxelio Pérez Moreira, o coordinador "oficial" da denominada Asamblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalista de Galicia (AGENGA).

    No ano 1985, na xuntanza da AGENGA celebrada os días 14 e 15 de setembro en Vigo e Illas Cíes, ANABAM asistiría por primeira vez á estas xuntanzas anuais pasando a formar parte da citada Asamblea. Facía soamente tres meses que ANABAM fora recoñecida pola administración como entidade conservacionista, sendo rexistrada como tal o 3 de xuño de 1985.

    No ano 1989 fomos os encargados de organizar a Asamblea dese ano. Foi o 24 e 25 de marzo, coincidindo coa Semana Santa. Acudirían 17 grupos galegos e tres portugueses, invitados expresamente por ANABAM.

    O motivo de facer este encontro na Guarda foi a loita mantida contra a construcción dun complexo hosteleiro na marisma de Salcidos, o Camping Santa Tecla, que comezou a súa andaina irregularmente e saltándose, mesmo, a legalidade vixente co beneplácito da administración central, autonómica e local.       
    Para ANABAM ese proxecto (que hoxe se mantén a duras penas, con perdas económicas, coa permanente necesidade de ter que dragar a canle constantemente
-cousa que non se está a facer polo custe económico que supón- e polo impacto que representa para o leito do río) ineficaz e irresponsable, somentes obedecía ás "gañas de se colgar medallas" dalgúns políticos e da presión de certos sectores, ademais de querer emular ao Concello de Tomiño que non facía moito puxera a andar un ferri entre Goián e Vila Nova de Cerveira.

   Houbo moita controversia: un ministro afirmaba que o ferry non facía falta; non se levou a cabo ningún estudo de impacto ambiental. Deciamos naquela a través do noso boletín CARRIZAL: "As praias, os posibles "socavóns asasinos" o cambio das corrientes; a modificación da canle natural... é algo que hoxe "lles resbala", aínda que poida que mañán, algúns deles aproveiten para saír nos medios de comunicación criticando e culpando ao goberno de turno".  Parece que en grande medida iso sucedeu. Tamén, xa afirmabamos daquela, que o ferry non sería rendible, por iso, deciamos, ningunha empresa quere facerse cargo do mesmo e tería que ser a propia administración quen tería que ocuparse da súa explotación, asumindo, deste xeito, as perdas que o mesmo ía xerar, como así se foi e é.
    Non podemos esquecer que, aínda que o PP estaba aofronte do concello guardés, tódolos partidos no concello (PP; PSOE e BNG) apoiaban a posta en funcionamento do ferri. A ninguén parecía importarlle as posibles e futuras consecuencias do mesmo.

Regreso al contenido