PEGADAS E SINAIS DOS ANIMAIS NO ENTORNO DA PRAIA DE CAMPOSANCOS - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PEGADAS E SINAIS DOS ANIMAIS NO ENTORNO DA PRAIA DE CAMPOSANCOS

EDUCACIÓN AMBIENTAL E VISITAS GUIADAS
CONTACTO:  
              TFN/WHATSAPP: 61 61 80 557
              CORREO ELECTRÓNICO:  anabam.anabam@gmail.com


    Esta actividade consiste nun percorrido polo piñeiral e praia de Camposancos, na desembocadura do Miño. Buscaremos pegadas, sinais e/ou rastros dos animais que frecuentan esta paraxe e trataremos de identificar a quen corresponde.

A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA ACTIVIDADE?
   Para estudantes dende 3º de primaria ata Bacharelato.

É preciso que cada alumna/alumno traia un caderno de traballo e lápiz para tomar notas.

DATAS DA VISITA: Calquera época do ano.
PARA RESERVAR PRAZA

    Chamada telefónica ou enviando unha mensaxe por Whasapp ao 61 61 80 557.
   Tamén por correo electrónico a: anabam.anabam@gmail.com
     
     Cubrir a ficha  adxunta:


CARACTERÍSTICAS DA VISITA
    Lonxitude:Entre 200 e 800 metros, dependendo das paradas efectuadas e da actividade desenvolvida.

    Duración da actividade: De 2 a 2,5 horas.

    Dificultade:Baixa

    Punto de partida: Na propia praia, no aparcamento, ao lado do Hotel.










PEGADA E SINAIS DOS ANIMAIS
INTERMAREAL
PLANTAS DUNARES
POBOADO CASTREXO


 

   Tanto ANABAM como os seus monitores desenvolven un labor de colaborar na actividade ambiental coa finalidade de que a mesma sexa máis produtiva, non facéndose responsables de posibles accidentes que puideran darse, SENDO O PROPIO CENTRO DE ENSINO, O ORGANIZADOR DA ACTIVIDADE en cuestón e, polo tanto,  RESPONSABLE DOS SEUS ALUMNOS. O envío do formulario significa que o centro acepta estas condicións.
Regreso al contenido