OFERTA DE EMPREGO 2022
EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
PROXECTO BORRELHO
NAS PRAIAS DO NORTE PORTUGUÉS


Descrición do emprego
Convócase unha praza para persoas recentemente graduadas en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou Ciencias do Mar ao abeiro do Proxecto Píllara-Borrelho 2022 (seguimento da poboación e protección de niños de Píllara das dunas/ borrelho-de-coleira interrompida (Charadrius alexandrinus Linnaeus, 1758) no Baixo Miño galego-portugués. O contrato pretende proporcionar unha primeira experiencia/oportunidade laboral para as persoas recentemente graduadas.
O contrato será a tempo parcial por 25 horas á semana.
Perfil
Grao en Bioloxía, Ciencias Ambientais ou Ciencias do Mar obtido entre os cursos académicos comprendidos entre 2017 e 2021, ambos incluídos.
Capacidade de traballo individual e en equipo.
Capacidade de auto-organización.
Capacidade de transmitir coñecementos oralmente.
Persoa proactiva e responsable.
Coñecemento do proxecto píllara/borrelho así como as características fundamentais desta ave e da súa presenza en Galiza e norte portugués.
Condicións
Contrato de 3 meses (do 1 de abril ao 30 de xuño).
Xornada parcial, 5 horas diarias (62,5 % xornada completa).
Salario neto 750 € mensuais + suplemento por desprazamento.
Horario de mañá.
Posibilidade de variación da xornada en función da carga de traballo e das necesidades puntuais do proxecto.
Dispoñibilidade para realizar seminarios, obradoiros de voluntariado e charlas de educación ambiental coa cidadanía.
Indispensable vehículo propio.
A persoa que se incorpore ao proxecto recibirá unha formación inicial entre o 15 e o 31 de marzo: coñecemento da área de traballo, identificación da especie, localización e seguimento de postas, divulgación e educación ambiental etc.
Área de traballo
Será principalmente no norte de Portugal, na franxa atlántica entre a Praia da Foz (Caminha) e a praia de Paçô (Viana do Castelo), tramo duns 15 quilómetros de lonxitude. Ademais das tarefas propias do proxecto, a persoa seleccionada poderá ser eventualmente requirida para outras necesidades da asociación dentro do horario de traballo. A persoa contratada responsabilizarase da redacción de informes semanais e do informe final do proxecto.
Solicitude
Dirixirase por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com) ata o día 12 de marzo de 2022, ás 23:59 h, acompañada do CV e carta de motivación.


Ir a: PROJETO BORRELHO
Ir a: PROJETO BORRELHO 2019
Ir a: PROJETO BORRELHO 2011
Ir a: PROJETO BORRELHO 2012