CAMPAÑA DE OBSERVACIÓN DE AVES: 13 XANEIRO-29 FEBREIRO
EMPREGO. CAMPAÑAS. ACTIVIDADES
PREMIO POR OBSERVAR AVES
NO ESTEIRO DO MIÑO
CORVO MARIÑO (Phalacrocorax carbo) (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo) | |
GARZOTA (Egretta garzetta) (Foto: Luis Dorado Senra | |
GARZA COMÚN (Ardea cinerea) (Foto:Manu Sobrino Senra) | |
GABITA (Haematopus ostralegus) (Foto: Luis Dorado Senra | |
Co gallo do noso 35 ANIVERSARIO, invitámosche a participar neste concurso de CIENCIA CIDADÁ.
Para iso só tes que buscar no ESTEIRO DO MIÑO as aves que amosamos arriba, logo cubrir a ficha do lado e darlle a enviar.
BASES:
1/ Cada persoa recibirá un número para o sorteo, por cada envío que realice.
2/ O número agraciado será o que coincida coas dúas últimas cifras do sorteo da ONCE do luns 2 de marzo.
3/ O número máximo de participantes será de 198, xa que os números se repetirán dúas veces cada un.
4/ Pódese participar tantas veces como un desexe, pero teñen que ser en semanas diferentes, e cada persoa soamente terá opción a recibir un único premio.
5/ O mesmo día do censo, a persoa sacará unha AUTOFOTO ("selfie") coa zona correspondente de fondo, que enviará ao mesmo tempo que a ficha cuberta.
6/ O concurso remata o 29 de febreiro.
7/ AS DÚAS PERSOAS QUE RESULTEN PREMIADAS recibirán a
GUÍA DAS AVES DE GALICIA (para coñecer as aves da nosa terra).
8/ Calquera cuestión que non figure nestas bases, será resolta da mellor maneira polo órgano directivo de ANABAM.
ANABAM
35 ANOS POLA NATUREZA
EO MEDIO AMBIENTE