VISITAS ESCOLARES COSTA SUR DA GUARDA
EDUCACIÓN AMBIENTAL E VISITAS GUIADAS
CONTACTO:
TFN/WHATSAPP: 61 61 80 557
CORREO ELECTRÓNICO: anabam.anabam@gmail.com
CARACTERÍSTICAS DA VISITA
Lonxitude: Aproximadamente 1,5 quilómetros.
Duración da actividade: Arredor de 2 horas.
Dificultade: Pola SENDA: dificultade NULA.
Polos ROCHEDOS dificultade ALTA.
PRECAUCIÓN: Na zona rochosa, andar a modiño. Calzado axeitado.
Non pisar sobre as algas polo perigo a esvarar.
Sempre as mans libres. No caso de que ande o mar, non achegarse a el.
PROHIBIDO:
Tirar ou coller seixos da zona do Seixal.
Arrincar plantas ou xogar coa fauna mariña.
A paisaxe natural, a fauna e a flora deben ser respectadas.
Esta actividade ten que estar ORGANIZADA polo CENTRO DE ENSINO.
ANABAM facilitará un monitor para que explique o que se pode ver na costa sur da Guarda:
A diferente biodiversidade que se atopa nas pozas mariñas.
As principaes adaptacións que presentan algúns animais e plantas para soportar as difíciles condicións da zona batida polo mar.
Os tipos de rochas que se atopan na zona....
A QUEN SE RECOMENDA ESTA VISITA?
Alumnos a partir de 5º de primaria ata Bacharelato.
CADERNO: É recomendable que cada alumno traia caderno e lapis para tomar notas.
Nota: A visita hai que facela durante a MAREA BAIXA: dende dúas/tres horas antes ata dúas horas despois. Se son mareas baixas vivas moito mellor. Deberá consultarse a táboa de mareas para elixir o mellor día de visita.
DATAS DA VISITA: Debido a que no inverno e primavera as rochas van estar moi esvaradizas, as visitas deben efectuarse, para minimizar o risco de caídas, a partir do 20 de abril.
Calquera dúbida ou aclaración contactar con ANABAM por Móbil/WhatsApp: 61 61 80 557 ou correo-e: anabam.anabam@gmail.com
Trátase dunha visita a zona intermareal da costa sur guardesa onde veremos algunhas plantas propias a esta zona e as súas adaptacións ás duras condicións. A vida nas pozas mariñas, coas adaptacións que precisan os diferentes seres vivos que habitan nesta zona.
Tamén os tres tipos de rochas que atoparemos ao longo da mesma, cunha explicación sobre a formación do seixal.
Esta visita hai que facela coa marea baixa (entre dúas horas antes e dúas horas despois da baixamar) polo que convén consultar a táboa de mareas da zona.
Cubrir a ficha adxunta:
NOTA:
Lembramos que tanto ANABAM como os seus monitores, unicamente desenvolven un labor de colaboradores nesta actividade de educación ambiental coa finalidade de que a mesma sexa máis produtiva, polo que nin esta asociación nin os seus monitores faranse responsables de posibles accidentes que poidan producirse, SENDO O PROPIO CENTRO DE ENSINO, que se entende é o ORGANIZADOR DA ACTIVIDADE, o RESPONSABLE DOS SEUS ALUMNOS.
O envío do formulario significa que o centro acepta estas condicións.