Arion lusitanicus - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

Arion lusitanicus

BIODIVERSIDADE > FAUNA > MOLUSCOS > MOLUSCOS TERRESTRES
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Actualizada o 20-11-2014
    Unha recente visita á zona comprendida entre Bonaval e a Pedrada (9/11/14), permitiunos a observación de novos exemplares de Arion lusitanicus, un dos gasterópodos que temos no Baixo Miño, permitíndonos, deste xeito, rexistrar a segunda das cadrículas onde está presente esta especie, polo de agora, ámbalas dúas en Tomiño.

    Non se trata dun gasterópodo escaso ou de rara presenza na comarca, aínda que tampouco sabemos exactamente o seu estado na mesma, por iso, sempre que teñamos oportunidade, iremos rexistrando as observacións que nos permitan coñecer, máis polo miúdo, algo máis do mesmo no Baixo Miño.
NOME: Arion lusitanicus (ou mellor: Arion cfr lusitanicus xa que sería necesario facer estudos anatómicos para diferenciala de Arion fuligineus).
LOCALIZACIÓN: Serra da Groba e A Valga (Oia)
DATAS OBSERVACIÓNS:
12-09-2014: Noé Ferreira Rodríguez (A Valga)
20-09-2014: Luis Dorado; Agustín Ferreira; Ricardo Portela; Ricardo da Silva (Serra da Groba).
Foto: Noé Ferreira Rodríguez-ANABAM
    En xeral, as lesmas non son moi doadas de identificar pola súa morfoloxía externa, pois distintas especies  poden presentar rasgos parecidos.
   En principio, e coas reservas propias polo dito anteriormente, poñemos aquí a que probablemente sexa A lusitanicus, especie que observamos detidamente na nosa visita á Serra da Groba efectuada o sábado 20 de setembro. Puidemos ver bastantes individuos, algúns deles apareándose.
 Esta especie presenta un borde inferior acastañado con bandas perpendiculares escuras.
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM
    Agradecemos ao Dr. José Castillejo, da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboracións prestada para a identificación desta especie.
Regreso al contenido