TRABALLOS DE PRACTICAS EXTERNAS EN ANABAM
ANABAM > PRACTICAS EXTERNAS UNIVERSIDADE-CICLOS FORMATIVOS
PRÁCTICAS EXTERNAS
DESTINADAS A
- Universitarios de
Master en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
-Universitarios de grao de Bioloxía.
-Ciclos de F.P: ramas relacionadas coa bioloxía.
a/ PROXECTO PÍLLARA/BORRELHO (Charadrius alexandrinus):
LOCALIDADE: franxa atlántica portuguesa, entre a foz do Miño
(Caminha) e a praia de Paçô (Viana do Castelo).
LONXITUDE: tramo duns 15 quilómetros.
DATA: entre o 15 de abril e o 15 de agosto.
ACTIVIDADE: -detección de niños e polos de píllara.
-Instalación de gaiolas e valado de protección.
-Seguimento e anotación da actividade de adulos
e pitos.
-Detectar e, se é o caso, tratar de solucionar
posibles problemas que afecten á nidificación
da píllara.
-Información aos usuarios da praia.
b/ NIDIFICACIÓN DE GAIVOTAS:
LOCALIDADE: núcleos urbanos da Guarda, Caminha, Moledo,
Vila Praia de Âncora.
DATA: 1 de maio a 15 de agosto.
ACTIVIDADE: Censo de niños e pitos de gaivota patiamarela
(Larus michahellis) nas vilas anteriormente citadas.
c/ PROXECTO COTORRA:
LOCALIDADE: A Guarda.
DATA: Todo o ano.
ACTIVIDADE: censo de cotorras de peito gris (Myopsitta
monachus) e cotorra de Kramer
(Psittacula krameri).
Lugares da localidade onde está presente.
Observación e toma de datos dos seus costumes.
d/ PROXECTO BEMBIX:
LOCALIDADE: Praia de Camposancos, Monte Trega, Monte Terroso
(A Guarda).
DATA: do 1 de xuño ao 30 de agosto
ACTIVIDADE: observación e estudo do comportamento e nidificación
da avespa escavadora Bembix rostrata así como
da fauna asociada a ela.
e/ PROXECTO COREMA:
LOCALIDADE: piñeiral de Camarido (Caminha).
DATA: do 15 de maio ao 15 de agosto.
ACTIVIDADE: Censo do número de exemplares presentes;
xeolocalización de cada exemplar; estado no que
se atopan; potenciais ameazas que teñen.
f/ PROXECTO ANDORIÑA:
LOCALIDADE: Franxa galega do Baixo Miño: concellos de Tui,
Tomiño; O Rosal; A Guarda e Oia.
-Franxa portuguesa: municipios de Valença do Minho;
Vila Nova de Cerveira e Caminha (Caminha, Moledo
e Vila Nova de Cerveira).
DATA: do 1 de maio ao 30 de xullo.
ACTIVIDADE: -Censo de niños de andoriña de cu branco (Delichon
urbicum), andoriña dáurica (Cecropis daurica);
andoriña das barreiras (Riparia riparia).
-Distribución no Baixo Miño.
f/ PROXECTO FLORA AMEAZADA:
LOCALIDADE: Baixo Miño galego-portugués.
DATA: 1 de Xuño a 30 de agosto.
ACTIVIDADE: Localización e distribución no Baixo Miño
galego-portugués das seguintes especies
papoula mariña (Glaucium flavum);
cardo dourado (Scolymus hispanicus);
Honckenya peploides; fentos arbóreos
(Dicksonia antarctica); fento do botón
(Woodwardia radicans).
g/PENEIREIRO CINCENTO-MIÑATO QUEIMADO-CEGOÑA:
LOCALIDADE: franxa fluvial galego-portuguesa do Baixo Miño, dende
Valença-Tui ata a desembocadura.
DATA: 1 de maio ata 31 de xullo.
ACTIVIDADE: Localización, observación, toma de datos da súa
presenza e actividade.
h/ AVES ACUÁTICAS:
LOCALIDADE: franxa fluvial galego-portuguesa do Baixo Miño, dende
Valença-Tui ata a desembocadura.
DATA: 15 setembro a 15 de marzo.
ACTIVIDADE: Localización, observación, toma de datos da presenza das diferentes especies que se desenvolven ao longo da franxa fluvial.
i/ PROXECTO HERBA DA PAMPA:
LOCALIDADE: Concellos galegos do Baixo Miño.
DATA: Especialmente de Xullo a Setembro.
ACTIVIDADE: Localización da presenza de esta especie invasora
nos diferentes concellos da bisbarra.
j/LAGOA DE CALDELAS DE TUI:
LOCALIDADE: Caldelas (Tui).
DATA: 1 de xullo a 30 setembro.
ACTIVIDADE: Estudio da lagoa citada, facendo especial incidencia
ás seguintes especies: Nimphoides peltata;
Ludwigia grandiflora, ademais das características propias
da charca e da súa flora e fauna asociada.
k/ FLORA DUNAR
LOCALIDADE: Praia de camposancos e franxa marítimo fluvial
do norte portugués.
DATA: 1 de xuño a 15 de setembro.
ACTIVIDADE: Rexistro das especies dunares de flora
e a súa comparación entre as praias.
l/ PROXECTO DE FOTOTRAMPEO
LOCALIDADE: Baixo Miño.
DATA: Todo o ano.
ACTIVIDADE: Utilizando a técnica do fotorampeo, vaise estudar a
fauna, especialmente a nocturna, de diversos
enclaves da bisbarra.
l/ FLORA E FAUNA ASOCIADA A CERTOS REGATOS
LOCALIDADE: Baixo Miño.
DATA: 1 maio a 15 setembro.
ACTIVIDADE: Seleccionando un dos regatos da zona, farase un
estudo, o máis completo posible do mesmo e das
súas beiras.
n/ EFECTO DO PICUDO NAS PALMEIRAS DO BAIXO MIÑO:
LOCALIDADE: Concellos do Baixo Miño.
DATA: Todo o ano.
ACTIVIDADE: Comprobar os efectos do picudo vermello
(Rhynchophorus ferrugineus) sobre as palmeiras da
bisbarra.
m/ PROXECTO EURYNEBRIA
LOCALIDADE: Praias da franxa norte portuguesa.
DATA: 1 de outubro a 30 de maio.
ACTIVIDADE: Este é o insecto máis ameazado da franxa costeira.
Dende a segunda década deste século xa ten desaparecido
dalgunhas das praias próxima. Agora o retos é coñecer
onde aínda pode ser localizado e cal é a súa poboación.
ñ/ LONTRA:
LOCALIDADE: Esteiro do Miño.
DATA: todo o ano.
ACTIVIDADE: Observación e rexistro da actividade da lontra.
ñ/ FAUNA AREAIS COSTEIROS:
LOCALIDADE: Esteiro do Miño.
DATA: todo o ano.
ACTIVIDADE: Observación e rexistro das especies observadas.
ñ/ EFECTO TRAMPAS AVESPAS ASIÁTICAS:
LOCALIDADE: Baixo Miño.
DATA: todo o ano.
ACTIVIDADE: Estudar os efectos das diferentes trampas usadas pola poboación.
LOCALIDADE: Zonas de presenza de garranos no Baixo Miño.
DATA: Todo o ano.
ACTIVIDADE:Especies de insectos coprófagos que se atopan nos excrementos do gando que pace ceibe nos montes baixomiñotos.