BOLBORETAS 2022
COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA > PROXECTOS
Cubride o seguinte formulario.
As fotografías teñen que ser deste mesmo ano.
Para poder recibir as fotografías, seu peso non pode superar os 15 MB, no caso contrario
haberá que envialas aparte a través do correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
Máis información a continuación do formulario.
O * indica cubrir obrigatoriamente para poder enviar.
- 2022-
PRIMEIRA CAMPAÑA DE OBSERVACIÓN E FOTOGRAFÍA DE BOLBORETAS DIURNAS
DO BAIXO MIÑO GALEGO-PORTUGUÉS
O PROXECTO
Consiste en fotografar as bolboretas diurnas que observemos na bisbarra galego-portuguesa do Baixo Miño. En cantas máis posicións as fotografemos, mellor. Sempre en entornos naturais e sen manipulacións. A idea é facer un inventario fotográfico das diferentes especies que habitan na citada bisbarra para logo facer unha publicación divulgativa na que aparecerán tódolos colaboradores e as diferentes especies de bolboretas fotografadas.
LOCALIDADES DE ACTUACIÓN
Todas na bisbarra galego portuguesa do Baixo Miño, formada polos
concellos galegos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia
concellos portugueses de Valença, Vila Nova, Caminha inluíndo as feligresías de Afife e Paçô (Carreço).
A QUEN VAI DIRIXIDO
A campaña está aberta a tódalas persoas que desexen participar na mesma, con tal de que as fotografías sexan obtidas nas localidades citadas. As persoas que participen nela, aceptan que as fotografías sexan publicadas por ANABAM en calquera dos medios que esta asociación emprega, citando ao autor das mesmas.
DATAS
A campaña comeza no mes de abril, e rematará a finais de outubro, si ben, este prazo podería ser ampliado ata finais de ano. partir deste mes de abril, poñemos en marcha este novo proxecto para acercar a fotografía da natureza á cidadanía, tratando de facer partícipes a tódalas persoas que desexen colaborar no mesmo, polo que esta actividade está aberta ao público en xeral.
ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS:
Preferiblemente a través do correo electrónico, en formato JPG. Débese cubrir, para cada fotografía, a ficha adxunta.