NORMAS PARA ENVÍO DE ARTIGOS - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

NORMAS PARA ENVÍO DE ARTIGOS

DIVULGACIÓN PUBLICACIÓNS
ARTIGOS PARA SER PUBLICADOS NA REVISTA CARRIZAL

As persoas interesadas en publicar traballos orixinais ou revisións na revista Carrizal editada por ANABAM, deberán aterse ás seguintes indicacións:
1. As colaboracións serán inéditas. Consistirán en relatorios ou investigacións (teóricas ou prácticas) sobre calquera aspecto relacionado coa natureza, o medio ambiente ou o patrimonio cultural do Baixo Miño galego-portugués e a súa área de influencia.

2. Os traballos serán redactados preferentemente en galego, aínda que tamén poden redactarse en castelán ou portugués.

3. Os autores presentarán os traballos a través do enderezo electrónico anabam.anabam@gmail.com en formato Word ou similar, escritos en letra do tipo Times New Roman, tamaño 12 e cun interliñado de 1,5 liñas. A extensión dos traballos, incluídas posibles figuras, non debe exceder de 8 páxinas (DIN A4), con marxes de 2,5 cm (como máximo 15.000 carácteres con espazos). Excepcionalmente, pódense publicar traballos máis extensos se o consello editorial o considerase oportuno polo seu interese.

Os traballos irán precedidos dunha folla na que se indique o título, nome do autor/autores, dirección e teléfono de contacto.

3. No caso de que os orixinais estean divididos en apartados, estes deberán ir en letra do tipo Times New Roman, tamaño 14, en negriña e aliñado á esquerda. Engadir cursiva no caso de levar subapartados.

Opcionalmente pódese incluír un listado de abreviaturas.

4. Táboas e figuras.
Se o traballo inclúe táboas, estas numeraranse de forma consecutiva de acordo coa súa aparición no texto. Ademais incluirán un breve encabezado describindo o contido de cada táboa.
Os autores poderán presentar en formato dixital figuras que inclúan fotografías, gráficos, debuxos, gravados, etc., as cales deberán ter unha boa calidade para a súa reprodución. Cada figura debe estar numerada de forma consecutiva de acordo coa súa aparición no texto e ir acompañada do correspondente texto explicativo (pé de figura). Si unha figura inclúa varias ilustracións, estas deberán diferenciarse con letras maiúsculas (A, B, C, D, etc.); neste caso, as referencias no texto deben levar o número e a letra aos que se fai referencia. Exemplos: Fig. 1A, Figs. 2, 3A, B.
5. Referencias bibliográficas
Citas no texto. Incluiranse entre parénteses indicando o apelido do autor e o ano de publicación (Ferreira, 2010; Ferreira-Rodríguez e Pombal, 2011). Sempre que se citen traballos de máis de dous autores, incluirase o apelido do primeiro autor seguido de “et al.”; Si hai varios traballos do/s mesmo/s autor/es dun mesmo ano, engadirase á fecha as letras a, b, c… Si se inclúen dúas ou máis referencias, deben ordenarse cronoloxicamente. Exemplos: (Ferreira et al., 2010; Ferreira-Rodríguez e Pombal, 2011a,b; Pombal et al., 2012a)
Bibliografía. No final do texto incluirase o listado de todas as referencias citadas no texto, atendendo ao seguinte formato:
Letra tipoTimes New Roman,tamaño 10, cun interliñado sinxelo e formato xustificado con especial “sangría francesa”.
Ordenaranse alfabeticamente polo apelido do autor (primeiro e segundo autor si son varios).
Si se inclúen varias obras cos mesmos autores, irán ordenadas polo ano de publicación.
Exemplo:
Ferreira-Rodríguez N. 2012. Especies exóticas no Baixo Miño. A Guarda: Asociación Naturalista “Baixo Miño”.
Ferreira-Rodríguez N. 2014. Informe anual “Projecto Borrelho 2013”: Programa de protección e conservación dos niños de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) nas praias do norte de Portugal. A Guarda: Asociación Naturalista “Baixo Miño”.
Libros completos
Apelido do autor, inicial/iniciais do nome. Ano de publicación. Título. Lugar de publicación: editorial. No caso de que existan varias edicións, o número da edición colocarase entre parénteses despois do ano. Exemplo: 2006 (2ª ed.). Se a obra está dividida en varios volumes, o que vai a ser citado figurará en número arábigo (despois da abreviatura Vol.) entre o título e o lugar de publicación. Exemplo: Plantas vasculares do Baixo Miño, Vol. 2. A Guarda.
Exemplo:
Pombal MA, Ferreira-Rodríguez N. 2014. Guía de Boas Prácticas Ambientais no Baixo Miño. A Guarda: Asociación Naturalista “Baixo Miño”.
Capítulos de libros
Apelido do autor, inicial/es do nome. Ano de publicación. Título do capítulo. En: Apelidos e iniciais do/dos editores (Ed. ou Eds.). Título do libro. Lugar de publicación: editorial. Páxinas do capítulo.
Exemplo:
Castroviejo S. 2002. Riqueza florística de la Península Ibérica e islas Baleares. El proyecto “Flora ibérica”. En: Pineda FD, de Miguel JM, Casado MA (Eds.).La diversidad biológica de España. Madrid:Prentice Hall, pp. 167-174.
Lago E, Sanmartín LA, Pérez M, Blanco T. 1989. Aportaciones a la flora del cabo de Finisterre, A Coruña. En: Silva-Pando J (Ed.). Sobre flora y vegetación de Galicia.Santiago de Compostela: Consellería de Agricultura, pp. 123-132.
Artigos de revistas e xornais
Apelido do autor, inicial/es do nome. Ano de publicación. Título. Nome da revista. Volume: páxinas inicial e final separadas por un guión.
Exemplo:
Polo M, Álvarez Martínez M. 2009. Medidas de conservación para el chorlitejo patinegro en Galicia. Quercus, 279: 32-37.
Os relatorios de congresos seguirán estas mesmas normas.
Outros documentos
Páxinas Web. Autor/es ou institución que realizou o documento. Ano do documento entre parénteses. Título do documento. Fecha de recuperación e páxina Web de orixe.
Exemplo:
Alonso E, Escanciano JM, da Silva R, Dorado L. 2015. Área recreativa das Pozas de Mougás. Recuperado o 3 de xuño de 2015 de http://www.anabam.org/
Normativas/Informes, etc.
Aportaranse os datos imprescindibles do organismo correspondente e da súa localización.
6. O Consello Editorial decidirá sobre a conveniencia da publicación dos traballos recibidos, os cales serán avaliados por especialistas na materia se fose preciso.
7. Cada autor dun artigo publicado recibirá un exemplar da revista.
Regreso al contenido