PROXECTO TURÍSTICO NO MIÑO - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PROXECTO TURÍSTICO NO MIÑO

AMEAZAS AMBIENTAIS > TURISMO
BENVIDOS AO PARAÍSO

   Baixo a falacia de "senda verde", ou vendéndonos proxectos turísticos adornados previamente con vocablos que nos induzan pensar que a natureza vai por diante, podemos ler nestes días en varios medios de comunicación o que parece vai ser o culmen do desenvolvemento turístico do Baixo Miño. Nada máis e nada menos que barcos turísticos polo río entre Tui e Salvaterra, ou Monçao e Valença, que tanto monta como monta tanto, cunha clara imitación dos paseos turísticos polo Douro. E isto non é todo. A cousa irá endulzada con microtrens turísticos, alquiler de bicicletas, taxis na zona, aparcamento para vehículos privados,  pantaláns... e, para "que todo sexa dende un punto de vista sostible e natural, haberá un Centro Transfronteirzo de Interpretación Ambiental, eliminación de especies exóticas, ruta de observación de aves con nada máis e nada menos que un "kit do observador" e moito máis. Esperemos a resposta do resto dos concellos, que igual non se queren quedar atrás de esta marabillosa e idílica imaxen que o alcalde de Salvaterra, un tal Arturo Grandal, ten o gusto de anunciar a bombo e platillo que a idea é de el. Pois nada, Benvidos ao Paraíso.


 
    Un millón de euros para conservar os recursos naturais do río Miño?! Non. Un millón de euros para a "turistificación" do río Miño. Pantaláns flotantes, obras de adaptación dos espazos próximos, zonas de lecer, parque de aventura, eliminación de vexetación "inútil"... (ANABAM-Facebook)


    Non é este o primeiro de grandes e pequenos proxectos que quixeron instalarse nas marxes do grande río galego. Xa houbo moitos outros intentos de sacar proxectos extremadamente agresivos contra este espazo natural e que grazas ao labor de ANABAM, conseguiuse evitar. Lembramos o grande proxecto de campo de golf na Illa Boega (Vila Nova de Cerveira); dos tres intentos de construír un porto deportivo no Pasaxe (Camposancos); a posta en funcionamento dunha discoteca na máis importante zona ornitolóxica de todo o Esteiro; a colocación de pantaláns fronte á entrada do camping; a construción dunha ponte para acceder á illa Vaqueriza, no municipio de Tomiño; o asfaltado da baixada á marisma de Salcidos.


    Un se pregunta, como é posible que Europa dea cartos para proxectos como "Migramiño", ou declare estes espazos como Rede Natura, ZEPA, etc, e logo subvencione proxectos tan contradictorios como o que estamos a referir?

Algunhas opinións que vemos no Facebook:

    Calros Silvar A preocupación ambiental é sempre subsidiaria, só interesa o territorio en canto a xerador de oportunidades de negocio. Non colle outra cousa nas mentes neoliberais. Ou na do común "idiota espabilado"!.
    Javier Torre Davila Me alegro de que habléis sobre el tema, me preocupa mucho este proyecto, tiene toda la pinta de que va ser algo muy perjudicial para el rio. ¿ Es posible hacer algo? ¿ Alguna acción? Gracias
    Manuel Ángel Pombal Diego Típico de proxectos con marcado carácter político. Tan só hai que ver cales son os parceiros que participan. Utilizan a verborrea para logo facer o que todos sabemos..... Unha mágoa!!!
    Manu Sobrino Senra Lo más triste es que la inmensa mayoría lo verá con buenos ojos...
    Fabian Gonzalez Brutalidade enorme... algo que será economicamente inviable, que será perxudcial para os ecosistemas e ictofauna do lugar. Isto é, tanta brutalidade como a de querer facer un porto deportivo na Pasaxe...


    No ano 1982, cheo de irregularidades e de forma ilegal  (entre outras é zona inundable), co beneplácito da administración local (intereses ocultos do mandatario (PP)?), autonómica (tamén en mans do PP)  e estatal , esta por deixadez e pasotismo (nas mans do PSOE), comeza a ser construído no entorno ornitolóxico máis rico de todo o Esteiro do Miño, na marisma de Salcidos, o camping Santa Trega. A pesar da loita mantida dende un principio e durante anos polos ecoloxistas locais, de denuncias presentadas, de mobilización e de campañas, o complexo hosteleiro foi adiante. Hoxe segue aí, paulatinamente transformando o entorno e  intentando transformalo máis. Por esta e outras causas máis, a comunidade de aves descendeu en máis dun 60 % (2018) con respecto ao ano 1985.

QUE FUTURO QUEREMOS PARA
O ÚLTIMO TRAMO DO RÍO MIÑO?

     Debemos deixar a ribeira fluvial do Miño no seu estado natural ou debemos transformala?

     Deberiamos explotar esta paisaxe natural en aras de sacar o máximo rendimento económico posible ou pola contra, deberiamos evitar a inxerencia humana e preservala?

    É prioritario construír espacios de lecer para nós, ou pola contra deberiamos pensar na flora, na fauna e na paisaxe natural?

    Cada unha destas preguntas, e outras semellantes que poderiamos facernos, poden ter múltiples respostas, todo depende dende que punto de vista ou dende que tipo de intereses, contemple cada quen.  Porén, hai algo fundamental: ou nós ou o resto da biodiversidade, e cando se di nós, non estamos a nos referir a unha ou dúas persoas que de cando en vez poden achegarse polo entorno, senón á creación de infraestruturas (sendas, pistas, mesas, bancos, rutas turísticas...) para favorecer o tránsito de persoas polo entorno, facela cómoda e atractiva para o visitante ou camiñante.

    Dende un punto de vista conservacionista, por moito que se diga, é imposible a convivencia natural entre o uso humano dun entorno natural e a conservación da fauna, flora e a paisaxe dun determinado lugar. En certos casos pode darse que algunha especie poidaser favorecidas, pero a comunidade, no seu conxunto, vai verse negativamente afectada. Sempre tenderemos a priorizar o uso humano fronte a preservación natural. Por iso, moito nos tememos, que de saír adiante este proxecto sexa a porta aberta para otros moitos que a curto e medio prazo non tardarán en chegar.


Elaboración: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam
22/febreiro/2019
CONCELLO DA GUARDA
UNIVERSIDADE DE VIGO
WEEDEN FOUNDATION
ENTIDADES COLABORADORAS 2019
Regreso al contenido