"Malpolon monspessulanus" - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

"Malpolon monspessulanus"

BIODIVERSIDADE > FAUNA > RÉPTILES
COLABORADORES ANABAM:
Dorado Senra, Luis
Ferreira Lorenzo, Antón
Pombal Diego, Manuel A.

COLABORADORES EXTERNOS:
Álvarez Rodríguez, Pablo
Sobrino Senra, Manu
Vicente Pintus, Dani
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
Actualización: 23/V/2020

RASGOS MÁIS DESTACADOS:

    É a maior das serpes que temos no Baixo Miño, podendo sobrepasar os dous metros de lonxitude.
    Tamén é a única das nosas serpes que ten veleno, pero que non resulta perigosa para o ser humano xa que os cabeiros que inoculan o veleno están situados na parte posterior da boca (serpe opistoglifa) polo que resulta difícil que, aínda que nos trabase, puidera inxectalo.
    Cor predominantemente olivácea. Os machos presentan un tramo escuro entre a parte anterior e a posterior.
    Escamas supraoculares moi pronunciadas.

INDIVIDUOS  XUVENÍS


Imaxes esquerda e dereita, dous exemplares xuvenís de cobregón.
Habitualmente presentan un debuxo característico e nítido no dorso da cabeza.
A zona ventral ten unha tonalidade beis.
INDIVIDUOS  ADULTOS


Ventralmente presentan unha cor homoxénea,
tonalidade amarela clara, sen manchas.



Escamas carenadas, é dicir, escamas que
presentan un relevo lonxitudinal enforma de sulco.



Típica cor nos machos adultos:
verduxenta no primeiro tramo, negra no segundo tramo e
olivácea no resto do corpo.


Detalle da cabeza: aprécianse perfectamente as escamas imbricadas e carenadas.


1.- Nasal
2.- Internasal
3.- Prefrontal
4.- Frontal
5.- Supraocular
6.- Parietal
7.- Supralabiais
8.- Temporal
9.- Preocular
10.- Postocular
11.- Temporal

DISTRIBUCIÓN E LOCALIZACIÓN NA BISBARRA DO BAIXO MIÑO

DISTRIBUCIÓN:

    Distribuída por todo o Baixo Miño, dende o nivel do mar ata as máximas cotas.

HÁBITAT:

    Na nosa bisbarra ocupa todo tipo de hábitats: monte, zona costeira, chairas, proximidades de regatos, piñeirais, etc.

ATROPELOS:

    É víctima frecuente de atropelos ben por cruzar as estradas ou por permanecer no asfalto ao sol.

LOCALIZACIÓN:

1.- Estrada Camposancos. Atropelada. 30/VI/2014; 03/VI/2015; 21/VI/2016.
Ferreira Lorenzo, Ag.
 
2.- Piñeiral Praia Camposancos. VII/2012. Ferreira Lorenzo, Ag.

3.- A Gándara. Atropelada. Xuvenil. Sobrino Senra, M. 29/IV/2020

4.- Novás. Xuvenil. 19/V/2020. Vicente Pintus, D.

5.- Estrada Burgueira. Atropelada. 16/V/2011. Ferreira Lorenzo, Ag.

6.- Camposancos. Xuvenís. 09/03/2012; 11/09/2014. Ferreira Lorenzo, Ag.


Podes colaborar con nós enviándonos os datos e fotografías das túas observacións no Baixo Miño
galego-portugués.

Regreso al contenido