PROXECTO "Larus" 2019 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PROXECTO "Larus" 2019

BIODIVERSIDADE > FAUNA
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo
   O Proxecto Larus consiste en recoller información da nidificación das gaivotas no Baixo Miño, especialmente na Guarda.
  O proxecto iniciouse no ano 2010 e, dende entón, con maior ou menor intensidade, vimos traballando no mesmo para coñecer mellor como se desenvolve o proceso nesta localidade.
    Agradecemos calquera información, fotografías, ubicación, nacementos..., relacionadas coa nidificaicón das gaivotas nesta vila.

As parellas ocupan os seus lugares de nidificación. Consinten a presenza doutras.

Período de cópulas.

Posta e incubación dos ovos.

Nacen os polos e mantéñense nas proximidades do niño.

Polos realizan voos. Voan polos arredores.

Independízanse. Algúns seguen acudindo ao lugar onde naceron.
Unha gaivota recolle material para a construción do niño (07/05/2019).Entre mediados de abril e mediados de maio, as gaivotas constrúen os niños, preferentemente sobre tellados, normalmente en lugares resgardados, como chimeneas ou contra algún lateral de edificios. Pero non sempre resulta así. (A calidade da fotografía non é boa xa que se tirou dende unha ventá pechada).
11/05/2019.
Localizamos o primeiro niño nun dos edificios que se poden ver dende o miradoiro da rúa da Cal.
12/05/2019.
    Neste caso o niño sitúase na base de cemento sobre tellado dun antigo depósito de auga. O niño non está protexido contra os elementos meteorolóxicos, como adoita suceder na maioría dos casos.
Regreso al contenido