CARRIZAL - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

CARRIZAL

DIVULGACIÓN PUBLICACIÓNS

Se queres subscribirte preme AQUÍ





CARRIZAL Nº 2

   Xa dispoñible o nº 2 do boletín CARRIZAL, correspondente aos meses de xullo/agosto.

   Xa sabedes que as persoas socias recíbeno gratuitamente. Tamén pode obterse por subscrición (18 €/6 números). Os números soltos a 3,50 €.

    O CARRIZAL é un boletín que iniciou a súa andaina no mes de xullo do ano 1985. Editáronse 199 números na súa primeira época, dende o ano citado ata o mes de xaneiro de 2012. Logo de oito anos sen saír, retomamos o mesmo con máis páxinas, a cor e ampliando os contidos do mesmo, no que denominamos a segunda época. Sae periodicamente cada dous meses.

ÍNDICE:
-Illa fortaleza da Insua. Antón Ferreira Lorenzo.
-Distribución da papoula mariña no Baixo Miño. Agustín Ferreira Lorenzo.
-Cegoñas no Baixo Miño. Agustín Ferreira Lorenzo.
-Colonias de gatos na Guarda. Vanesa Alonso Gándara.
-A Rede de museos na Guarda. Javier Crespo González.
-Que facer se atopamos un poliño.
-Grupo antiherbicidas Baixo Miño. Agustín Ferreira Lorenzo.
-Marcas e siglas dos mariñeiros da Guarda. Ricardo Rodríguez Vicente.
-ANABAM asigna un convenio de colaboración coas Universidades galegas.
-Observacións.
-Fenoloxía 2020.
-Fauna recollida.
-Diario:de xaneiro a maio.
-Lembranzas.
-Baltasar Merino.
 




CARRIZAL Nº 1

   Oito anos despois da publicación do último número do CARRIZAL, xaneiro 2012, nº 199, deixouse de publicar este boletín que, practicamente de xeito mensual informaba sobre o medio ambiente, natureza, e actividades desenvolvidas por ANABAM. Agora, volve ver a luz co mesmo formato pero con máis páxinas, un total de 40, impresas a toda cor, ampliando os contidos a aspectos culturais como poden ser, entre outros,  a etnografía ou a historia da bisbarra baixomiñota, sen esquecer o principal aspecto no que se move esta asociación: o patrimonio natural. Sairá á rúa cada dous meses. As persoas socias de ANABAM recibirana gratuitamente. As demais poden subscribirse (18 € seis números ou adquirila individualmente 3,50 €/número). Estamos abertos á colaboración de cantas persoas desexen divulgar os seus estudos, inquedanzas, observacións nos temas citados anteriormente, para iso non teñen máis que poñerse en contacto con ANABAM (anabam.anabam@gmail.com).
    
       Esperamos que a revistiña ou boletín, como prefirades chamarlle, sexa do interese de cantas persoas teñan acceso a ela e, pouco a pouco, vaia atopando novamente, un posto na divulgación particular desta bisbarra.
   
ÍNDICE:
-Illa fortaleza da Insua (I). Antón Ferreira Lorenzo.
-Brutal morte de cabalos en Oia. Agustín Ferreira Lorenzo.
-Non aos campionatos da caza do raposo. Noé ferreira Rodríguez.
-Extinguida a poboación de Eurynebrias na praia de Camposancos. Agustín Ferreira Lorenzo.
-Historia dun aguia peiseira. Manu Sobrino Senra.
-A maior concentración de ganso cabecinegro rexistrada no Esteiro do Miño. Agustín Ferreira Lorenzo.
-Lista vermella de especies ameazadas.Agustín Ferreira Lorenzo.
-O anelamento científico de aves no estuario do Miño.Jose Arcas e Marta Robles.
-O litoral como obxecto de estudo: sedimentoloxía e biodiversidade.Hermida J. J.
-Convocatoria de emprego Proxecto Borrelho.
-ANABAM crea o Grupo Antiherbicidas Baixo Miño (I). Agustín Ferreira Lorenzo.
-Novo molusco para o Baixo Miño: Siphonaria pectinata. Agustín Ferreira Lorenzo
-Queres colaborar? Proxecto Andoriña e Proxecto Larus.
-Algo do que fixemos.
-Actividades previstas para os vindeiros meses.
-Publicacións.
Regreso al contenido