FAUNA SILVESTRE ATROPELADA NO BAIXO MIÑO - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

FAUNA SILVESTRE ATROPELADA NO BAIXO MIÑO

BIODIVERSIDADE > FAUNA > PROXECTOS > FAUNA ATROPELADA NO BAIXO MIÑO
Ir a.........   ASÍ VAI O PROXECTO

QUERES COLABORAR CON NÓS NESTE PROXECTO?

Queres botarnos unha man e contribuir coas túas observacións a coñecer as especies silvestres que sufren atropelos na bisbarra do Baixo Miño?

   Soamente tes que seguir estes pasos:

    1/ Envía o teu nome e correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico correspondente ao coordinador de ANABAM que se encarga do proxecto: japipin@yahoo.es

    2/ Descarga no teu móbil a aplicación: Epicollet 5 (a través de Play Store).

    3/ Abrir a aplicación

    4/ Iniciar sesión co enderezo electrónico que enviaron.

    5/ Abrir "engadir proxecto" e poñer no buscador: ANABAM ATROPELOS.
    
   


      Unha vez feitos os pasos anteriores, xa estás en disposición de adxuntar os rexistros da fauna silvestre atropelada. Isto é, cando vexas un animal atropelado entra na aplicación, logo no proxecto ANABAM ATROPELOS e preme en

    6/ "Engadir entrada"

    7/Cubrir os diferentes apartados que van saindo (non son todos obrigatorios), e pulsa "Próx>" logo de cada dato que poñas.

    8/ Ó rematar, pulsar "gardar entrada"
 
    9/ No mesmo momento ou cando mellor lle vaia á persoa, pulsar "subir entradas" ou "sincronizar entradas" e pasan directamente á base de datos
  

   ANABAM retoma novamente o PROXECTO FAUNA SILVESTRE ATROPELADA nas estradas do Baixo Miño.

    Tratamos de implicar tamén á poboación na recollida e envío de datos, polo que a colaboración cidadá vai ser fundamental para que os mesmos sexan os maiores posibles e, deste xeito, sirvan para xestionar no futuro certas vías nas que os atropelos de certas especies son numerosas. Tamén estes datos vannos permitir coñecer que especies son as máis afectadas e en que épocas.  Servirán igualmente, para coñecer cales son as peores condicións para esas especies, como poden ser a luminosidade, os días de chuvia, os fins de semana, etc.

     A través dunha sinxela aplicación descargable no móbil, calquera persoa poderá subir a información á base de datos. Con elo, pretendemos darlle visibilidade ao impacto que unha actividade humana tan cotiá, da que participamos sen excepcuión tódalas persoas, provoca na fauna da nosa bisbarra.

     Se eres unha persoa interesada pola fauna, se queres colaborar con nós neste proxecto, envía o teu nome e o enderezo electrónico a japipin@yahoo.es  e porémonos en contacto contigo.


PARA COLABORAR DESCARGAR A
APLICACIÓN EPICOLLET

     As persoas interesadas teñen que descargar a aplicación Epicollet no seu móbil. O coordinador (Xabi) dará de alta á persoa interesada no proxecto así como tamén aclarará calquera dúbida que ao respecto poda xurdir.

Regreso al contenido