GRUPO BAIXO MIÑO ANTIHERBICIDAS. - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

GRUPO BAIXO MIÑO ANTIHERBICIDAS.

COLABORA
Un membro de ANABAM diante dunha furgoneta que estaba a botar GLIFOSATO na entrada de Oia, o pasado 12 de xuño. (Foto Infominho).
    Se queres colaborar, ponte en contacto con nós.
    Os membros deste grupo se comunicarán por WhatsApp, só e exclusivamente para levar a cabo actuacións puntuais contra o uso de herbicidas.
    
ANABAM CREA UN GRUPO ANTIHERBICIDAS

     Para loitar contra o uso de herbicidas por parte da administración pública, ANABAM decide crear un grupo que estará formado por todas aquelas persoas que desexen impedir que se siga a utilizar este veneno nos nosos camiños e rúas polas repercusións medioambientais e contra a saúde das persoas que supón o mesmo.

O GRUPO ANTIHERBICIDAS
  
   1/ O Grupo “BAIXO MIÑO ANTIHERBICIDAS”, créase para loitar contra o uso de calquera herbicida nas rúas, camiños, sendeiros e estradas da bisbarra do Baixo Miño.
 
    2/ Este grupo está formado por persoas maiores de idade que están en contra do uso de herbicidas por parte da administración en calquera espazo público da mencionada bisbarra.
  
POR QUE NACE O GRUPO
  
  3/ Polo dano que supón o uso indiscriminado dos herbicidas contra a biodiversidade, afectando á cadea trófica, a unha potencial contaminación dos cursos de auga, aos cultivos (ao ser arrastrados os propios produtos ou residuos dos mesmos ás zonas de labor).
  
    4/ Polo potencial risco para as persoas: que ao pasar polas zonas onde foi vertida a sustancia existe un risco de que os cativos e mesmo as persoas maiores poidan pasar a man polas herbas onde foi botado o mesmo e a continuación levar as mans aos ollos, boca, alimentos, etc.
 
    5/ Pola seguridade dos animais domésticos, por exemplo no caso de ovellas ou mascotas, especialmente cans que adoitan comer certas herbas para se “purgar".
 
 

FINALIDADE DO GRUPO
 
 
    6/ Sempre contando coa dispoñibilidade dos seus integrantes, o grupo tratará de interferir ao través da desobediencia civil pacífica, e con arranxo ás normas legais.
  
    7/ Tratará de que os concellos se declaren libres do uso de calquera herbicida nos espazos públicos.
 
   8/ Tratará de que os concellos promovan o uso de métodos mecánicos para a control da vexetación nos espazos públicos que así o requiran, xa que iso conleva un maior número de postos de traballo sendo, ademais, un método máis respectuoso coa biodiversidade e unha minimización dos efectos negativos que poida supoñer o control da vexetación no entorno.
 
    Soamente se a poboación se conciencia e loita contra estas prácticas, podemos ERRADICAR do Baixo Miño o uso destes venenos. Se os políticos non actúan, fagámolo nós.

ÚNETE AO GRUPO
E PODEREMOS CONSEGUIR
QUE DEIXEN DE ENVENENARNOS
DENDE AS INSTITUCIÓNS

DE TÍ DEPENDE.

ANABAM, un membro de FUSCALHO e unha concelleira socialista durante unha acción para deter a fumigación en Oia o pasado 12 de xuño. (Foto Infominho)
Publicado o 24 setembro 2019
Regreso al contenido