FOTOTRAMPEO 2020-2021 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

FOTOTRAMPEO 2020-2021

BIODIVERSIDADE > FAUNA > PROXECTOS

Premendo na imaxe inferior
entrarás no blog de FOTOTRAMPEO.

Premendo na imaxe inferior
vas a anteriores proxectos de FOTOTRAMPEO desenvolvidos por ANABAM.
    No vindeiro mes de decembro daremos comezo a un novo proxecto de FOTOTRAMPEO no Baixo Miño. Iniciamos así unha nova tempada coa que pretendemos actualizar os datos obtidos en campañas anteriores mais tamén centrarnos en estudos concretos e puntuais como poden ser: densidade de certas especies, por exemplo xabaril nun determinado enclave; fauna que habita nun espazo natural considerado de interese para a biodiversidade da bisbarra; etc.

ALGÚNS APUNTES DESTA NOVA CAMPAÑA:

LUGAR: por motivos de seguridade, non indicaremos as zonas concretas onde levaremos a cabo estes traballos ata finalizar o proxecto.

DURACIÓN: inicialmente marcamos un prazo de seis meses, ata finais de maio, porén, este prazo pode ser ampliado a seis meses máis se así o estimamos convinte.

EQUIPO HUMANO: está formado por voluntarios membros de ANABAM que se encargarán de colocar as cámaras e recoller a información pertinente. O equipo estará formado por un máximo de tres persoas.

MATERIAL: Utilizaremos en cada proxecto entre dúas e catro cámaras, coas seguintes características:

        CÁMARAS: utilizaremos cámaras da marca Ltl Acorn 5210A.
        FOTOGRAFÍA/VÍDEO: estarán activas as 24 horas do día.
        INSTALACIÓN: imos ubicalas en puntos estratéxicos do lugar de traballo
                 elexido.
       GPS: Utilizarémolo para tomar os datos da ubicación de cada cámara.
       VISITAS: Cada cámara será revisada aproximadamente cada 15 días.

COMO FORMAR PARTE DO EQUIPO DE TRABALLO:

    En primeiro lugar hai que ser membro de ANABAM, logo solicitar participar no proxecto, se hai prazas dispoñibles, lle será comunicado ás persoas interesadas.

PRIMEIRO PROXECTO: vaise levar a cabo no municipio da Guarda.

Modelo que estamos utilizando en tódolos proxectos de fototrampeo desenvolvidos por ANABAM ata agora.
E se queres formar parte de ANABAM
como socia ou socio,
preme AQUÍ
Regreso al contenido