Estamos recollendo datos das diferentes especies de andoriñas presentes no Baixo Miño galego-portugués:
MARXE GALEGA: Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.
MARXE PORTUGUESA: Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha.
Para participar neste proxecto só tes que cubrir o cuestionario cos datos e darlle a enviar. Lembra que tes que cubrir UNHA FICHA por CADA NIÑO que coñezas.
Para dar por válidos os datos recibidos é imprescindible o envío de dúas fotos unha que sexa un primeiro plano do niño e outra un plano xeral de onde está ubicado o niño. O envío das fotos pode facerse ao correo electrónico seguinte: anabam.anabam@gmail.com; por WhatsApp: 61 61 80 557 ou ben por Messenger.
As persoas que envíen datos figurarán como colaboradoras no proxecto, agás que indiquen que desexan permanecer no anonimato.
SORTEO ENTRE AS PERSOAS QUE COLABOREN
Entre as persoas que colaboren neste proxecto sorteamos unha GUÍA DAS AVES DE GALICIA.
Se desexas colaborar neste proxecto, por favor, enche o cuestionario cos datos que teñas. Logo dalle a envíar.