PRÁCTICAS EXTERNAS EN ANABAM 2021-2022-II - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PRÁCTICAS EXTERNAS EN ANABAM 2021-2022-II

ANABAM > PRACTICAS EXTERNAS UNIVERSIDADE-CICLOS FORMATIVOS
ASINADO CONVENIOS DE COLABORACIÓN

     a/ Coas distintas Universidade galegas:

     b/ Co Centro Integrado de Formación Profesional "A Granxa" de Ponteareas (CIFP):

        O interese amosado polo alunnado deste centro en desenvolver as súas prácticas en ANABAM, motivou que dende o ano 2014 teñamos asinado convenios co devandito centro, coa finalidade de que os alumnos dese centro poidan, se así o desexan, realizar as súas prácticas en ANABAM.

     
     c/ Convenios con outros centros educativos:

        En ANABAM estamos tamén abertos a asinar convenios con outros centros educativos. Así, no seu día, asinamos convenio coa Universidade de León para que un dos seus alumnos puidese realizar as súas prácticas externas con nós.
         
       



     
     REQUISITOS PARA REALIZAR AS PRÁCTICAS EN ANABAM

    Non hai requisitos preestablecidos, pero no caso de que haxa máis demanda que prazas ofertadas, valorarase a posibilidade de que o estudante dispoña de coche propio, pois na maior parte dos casos haberá que desprazarse.

    PRAZAS OFERTADAS

       Normalmente o número de prazas ofertadas por período de prácticas é de catro, excepcionalmente pode ser algunha máis.

      HORARIO

      -A xornada diaria está establecida nas 5 horas, de luns a venres, normalmente en quendas de mañán (tres días), e de tarde (dous días), aínda que esta distribución, número de horas diarias e días de realización das prácticas, pode variar dependendo das necesidades do momento
. Isto mesmo tamén sería aplicable a ter que desenvolver algunha práctica puntual nalgún fin de semana. En calquera caso, estas modificacións puntuais serán consensuadas cos estudantes e sempre de común acordo con eles.
     
       Os traballos desenvólvense practicamente na súa totalidade no exterior, por tal motivo, dende outubro ata mediados de abril non se adoitan realizar prácticas debido a que, durante ese período, as condicións meteorolóxicas non son as mellores para desenvolver un traballo de campo ademais de que os días son máis curtos en canto á luminosidade e isto non favorece a visibilidade. No obstante, é posible levar a cabo, nas citadas datas, un traballo puntual por aqueles estudantes que, por algún motivo, non puideron completar as prácticas no seu momento, ou sexan prácticas continuación das que xa empezaron a desenvolver.

        As actividades que se realizan van dende a instalación de medios para a protección efectiva de certas especies (caso da píllara das dunas), ata a recollida de datos de flora e fauna.

      Aínda que os traballos están monitorizados e son propostos directamente pola asociación, habitualmente déixase algún deles, normalmente o último, para que sexa o propio estudante o que deseñe e leve a cabo algún proxecto propio, co obxectivo de que aporte a súa experiencia no desenvolvemento do mesmo.

    Por outra banda, serán os propios estudantes os que terán que valerse por se mesmos, desenvolvendo os traballos propostos a partir dunhas directrices dadas, polo que, en moi poucas ocasións serán acompañados por persoal da asociación.


Na imaxe da dereita, o Baixo Miño galego-portugués
coas principais zonas do traballo de prácticas.
     
     ONDE SE DESENVOLVEN AS PRÁCTICAS

    Todas elas teñen lugar na bisbarra galego-portuguesa do Baixo Miño.

     Esta bisbarra está constituída polos seguintes municipios:
     
     PARTE GALEGA: Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.

   PARTE PORTUGUESA: Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira, Caminha, litoral de Afife e praia de Paçô (Carreço).

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

    Ao longo do traballo de prácticas poderán ser propostas ata catro actividades diferentes a desenvolver durante o tempo que duren as prácticas.

   Cada semana, agás que se diga o contrario, haberá que presentar un resumo do traballo realizado.

    Unha vez finalizado cada traballo, haberá que presentar unha memoria do que se fixo, figurando, entre outros, o material utilizado, a descripción pormenorizada do feito, resultados, impresións, datos, etc. Onde se terá en conta tanto a forma en que se presenta a memoria (que irá acompañada de fotografías, gráficas de ser o caso, etc) como a redacción da mesma. A poder ser, se redactará en galego.

    Unha vez rematada a totalidade das prácticas propostas, será redactado un artigo que, se se considera axeitado, poderá ser publicado na revista desta asociación "CARRIZAL", e/ou na páxina web.

 


Calquera dúbida ou máis información contactar por
WhasApp: 61 61 80 557

 Ou correo electrónico
anabam.anabam@gmail.com
Regreso al contenido