PROJETO BORRELHO - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PROJETO BORRELHO

COLABORA > ENVIO DATOS FAUNA-FLORA > PROXECTOS > PROJETO BORRELHO
Textos : Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos: Luis Dorado Senra

Actualización: 21 abril 2019
    O PROJETO BORRELHO é a versión portuguesa do PROXECTO PÍLLARA desenvolvido por ANABAM no outro lado do Miño. Este proxecto comezou no mes de abril do ano 2011, polo que, co deste ano, levamos xa nove tempadas desenvolvendo o mesmo nas veciñas praias do norte portugués, dende a praia da Foz (Caminha) ata a praia do forte de Paçô (Carreço-Viana do Castelo), un tramo costeiro de pouco máis de 15 quilómetros, a maior parte dos cales son areais.

   Por outra banda, dende o ano 2014, este proxecto estendeuse ata Viana do Castelo, onde as nosas colegas do CMIA (Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental), ao fronte do cal están Gracinda Barbosa e Leonor Cruz, veñen ocupándose de poñelo en práctica xunto ao voluntariado que traballa no proxecto con ese centro.

Na imaxe da dereita, no recadro, zona de actuación
de ANABAM no Projeto Borrelho na costa portuguesa.
ANELAMENTO DE POLOS



   Dende o ano 2018, o PROJETO BORRELHO contempla o anelamento de polos.  Para levar a cabo esta actividade contamos coa colaboración desinteresada dos aneladores Marta Robles e Jose Arcas e, por suposto, con membros de ANABAM e voluntarios. Os polos son anelados preferentemente á tardiña, que é cando resulta máis doado collelos para proceder á colocación dos tres aneis: un azul, que ten un número de identificación, e un metálico na pata esquerda, e un vermello na pata dereita.

Regreso al contenido