VISITAS REALIZADAS - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

VISITAS REALIZADAS

CAMPAÑAS. ACTIVIDADES

    Visita guiada do 26 de xullo.

RUTA DAS SALINAS.

    Acordámonos tarde para tirar a fotografía, pois dous participantes xa se marcharan.

    Iniciamos esta ruta na praia do Carreiro (porto da Guarda), non puidemos apreciar a cetaria da Grelo por estar subindo a marea. Tamén un inconvinte é que non hai unha baixada directa ata ela, polo que non é doado para certas persoas desprazarse polos rochedos para acceder. Observamos o muiño de vento próximo. Detivémonos na salina romana e no seixal, continuando pola senda ata o Puntal, non sen antes deternos nunha das pías salineiras.

Lonxitude da ruta: 3 quilómetros

    Visita guiada do 2 de agosto.

RUTA DAS CETARIAS.

    Comeza esta visita na praia da Ribeira, continuando cunha lixeira explicación sobre a reprodución da Atalaia, continuando pola senda paralela da costa, pasando pola cetaria do Portiño, onde nos atopamos co inconvinte de non poder acceder a ela por carecer do mesmo. Visitamos o muiño da Guía e continuamos o percorrido pola praia Area Grande, para deternos nalgunha das pías salineiras. Reanudamos a marcha para chegar ás cetarias Redonda e Altiña.

Lonxitude do percorrido: 3 quilómetros.

   Visita guiada do 16 de agosto.

 RUTA DA RIBEIRA FLUVIAL.

   Comezamos na praia do Puntal, achegándonos ata a marxe da desembocadura para ver as pesqueiras e algunhas das pías salineiras exentas. Detivémonos no aparcamento, ao lado do hotel, para falar algo dos muíños de vento. Continuamos ata as pías salineiras fixas, continuamos pola marxe do río ata o Colexio dos xesuítas, onde nos detivemos.

Lonxitude do percorrido: 3 quilómetros.



   
Regreso al contenido