PREMIO BANDEIRA VERDE 2000 - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam.@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

PREMIO BANDEIRA VERDE 2000

ANABAM
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

2001
ANABAM RECIBE O PREMIO BANDEIRA VERDE 2000

    
     O Premio Bandeira Verde de Galicia foi creado no ano 1998 pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para recoñecer o labor desenvolvido na protección e conservación do Medio Ambiente galego.
     

    Na convocatoria do ano 2000, no seu artigo 1º sinalabase que en recoñecemento ao traballo das persoas ou entidades que desenvolvan un labor significativo no coidado e promoción do ambiente ou que a través da promoción literaria transmitan valores de contido ambiental.

   
    
   Nesa convocatoria do ano 2000, establecíanse varias categorías, presentándose ANABAM na categoría de "Conservación da biodiversidade". O premio estaba dotado cun millón de pesetas (6.010,12 euros), unha placa de bronce e unha bandeira verde co logo da Consellería do Medio Ambiente.  En representación desta asociación acudiron o presidente, Agustín Ferreira, as socias Sonia Cassau, Fátima Márquez e Ana Leirós e o socio Aser Ferreira (véxase fotografía superior).

  O 23 de marzo do ano 2001, nun acto oficial presidido polo Presidente da Xunta de Galicia (Manuel Fraga Iribarne), acompañado do Conselleiro de Medio Ambiente (José Carlos del Álamo Jiménez) e outras personalidades, era entregado no Pazo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, o citado premio que recollía o presidente de ANABAM.

... E UN COLEXIO DA GUARDA GAÑA O PREMIO
NA CATEGORÍA ESCOLAR

   Nesta mesma convocatoria, pero na categoría escolar, presentouse tamén o Colexio Infantil da Gándara (A Guarda), que resultaría tamén gañador.
   
... GAÑAMOS  O PREMIO BANDEIRA VERDE 2002 ?

        No ano 2002, volveriamos presentarnos novamente a este premio, pois había que esperar dúas convocatorias para que unha entidade que gañase con anterioridade o mesmo puidese participar novamente. Non o gañamos, pero un membro do xurado, a título persoal e de xeito confidencial, indicounos que ANABAM resultou novamente premiada, mais por deliberación do xurado acordaron non darnos o premio e facelo ao segundo gañador. O motivo era que, como xa o gañáramos había dous anos, o mellor era otorgarlle o premio a outra entidade. Non sabemos con certeza se a cousa foi así ou non pero... En calquera caso, sería ese ano o último no que se convocaba este premio.

Na fotografía, autoridades e gañadores do premio
Bandeira Verde de Galicia 2000.
Regreso al contenido